El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

UNIVERSIDADE | USC

Spin2016 converte Galicia no referente internacional do emprendemento

19-07-2016 21:05:46

A USC, a Xunta de Galicia e RedEmprendia deron a coñecer este marteso acordo de colaboración para a organización de Spin2016, a gran cita para emprender desde a universidade que terá lugar en Santiago do 29 de setembro ao 1 de outubro. O acto contou coa presenza dos conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Economía, Emprego e Industria, Román Rodrígueze Francisco Conde; o reitor da USC, Juan Viaño; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González; o director xeral doIgape, Javier Aguilera; eo director xeral de RedEmprendia, Senén Barro; así como os emprendedores galegos seleccionados no programa Model2Market de Spin2016.   

Máis dun milleiro de emprendedores de 20 países presentaronas súas candidaturas para participar nos programas de apoio ao emprendemento de Spin2016, un evento organizado pola rede universitaria RedEmprendia coa colaboración da USC,a Xunta de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Banco Santander a través de Santander Universidades.   

“O éxito de convocatoria é unha mostra exemplar do talento emprendedor que existe nas universidades de toda a rexión iberoamericana”, salientou Senén Barro. Só en Model2Market, deseñado para axudar a quen está a punto de crear a súa empresa, presentáronse 464 candidaturas de 12 países. Román Rodríguez mostroua súa satisfacción polofeito de que sete proxectos emprendedores saídos das universidades galegas –5 da USC e os outros dous da UDC e UVigo- figuren entre os 100 semifinalistas de Model2Market. 

O conselleiro ademais confía en que eses sete se clasifiquen para a fase final e estean entre os 30 que competirán en Santiago polos 100.000 euros en premios que se distribuirán durante Spin2016. Os semifinalistas recibiron asesoramento doIC2Institute da Universidade de Texas para perfeccionar os seus proxectos de cara á selección final.   

Pola súa banda, o programa de aceleración e foro de investimentoSmartMoney4Stars recibiu 114 solicitudes de startupsespin-off universitarias –cinco delas das universidades galegas- que buscan en Spin2016 o capital necesario para crecer.   O conselleiro de Economía destacou que SmartMoney4Stars traerá por primeira vez a Galicia os principais fondos de investimento, capital risco, businessangele aceleradoras de negocios de Iberoamérica. Entre eles, NXTP Labs, a aceleradora máis importante de Arxentina; Xcala, a rede de businessangel máis grande de América Latina eo Caribe; o Performa Investimentos, fondo brasileiro que xestiona máis de 480 millóns de dólares de capital.   


Spin Way: emprender no Camiño de Santiago

Este ano Spin2016 incorpora unha novidosa actividade que porá a proba a capacidade de esforzo e espírito emprendedor dos universitarios. Trátase de Spin Way, unha aventura emprendedora que os levará a desenvolver unha idea de negocio mentres percorren o Camiño de Santiago.   

Máis de 300 universitarios de 18 países mostrarono seu interese en participar nesta aventura, pero só 30 serán elixidos para facer a ruta. A universidade compostelá, a través de Uninova, coordina esta actividadexunto con RedEmprendia eoTecnológico de Monterrey, co apoio de Xacobeo, Santander Universidades e a Fundación Cotec para a Innovación.   

O reitor da Universidade de Santiago valorou moi positivamente o éxito da universidade en Model2Market ereseñouo valor engadido que representa Spin Way. “Unha universidade necesita traballar con boas ideas eé imprescindible estar moi atentos ao resultado de concentrar talento emprendedor, xa sexa no Camiño, nas aulas ounos laboratorios”, manifestou.  


O talento galego en Spin2016

Con máis de 2.000 asistentes previstos, Spin2016 converterá Galicia no epicentro doemprendementoeo talento universitario. “Spin2016 creará un ecosistema internacional de emprendemento e innovación na Cidade da Cultura que, aínda que poida parecer efémero, deixará sen dúbida unha pegada permanente en todos os que formen parte del”, asegurouo director xeral de RedEmprendia.   

Un encontro que servirá para proxectar o talento galego no mundo, con historias inspiradoras como a de Anxo Pérez, creador de 8Belts.com, un método único que garantefalar un idioma en menos de oito meses, mesmo o chino, e autor de Los 88 peldaños del Éxito, o libro máis vendido en España aos 50 días da súa publicación. 

Tamén estarán o atleta Javier Gómez Noya, cinco veces campión do mundo de triatlón, o músico Carlos Núñez, o CEO de Hijos de Rivera y Estrella Galicia, Ignacio Rivera, ou a creadora téxtil afincada en Lugo Idoia Cuesta, emprendedora que conseguiu levar a cestería galega a novos escenarios como a Pasarela Cibeles ou coleccións de marcas de luxo como LOEWE. En setembrocoñecerase a axenda completa do evento, con máis de 50 relatores do mundo da ciencia, a cultura, os negocios ou a universidade.     


Aberto o rexistro para Spin2016

A asistencia a Spin2016 é gratuíta e a inscrición pode realizarse a través de http://registro.spin2016.org. Unha vez feito o rexistro, os participantes recibirán información puntual sobre todas as novidades do evento. As tres universidades galegas -USC, Universidade de Vigo e da Coruña- recoñecerán a participación en Spin2016 ao seu alumnado de grao cun crédito transversal, ofrecendo tamén transporte gratuíto aoGaiás.   

Nesta edición, Spin2016 conta co patrocinio principal da Xunta de Galicia e Santander Universidades, ao que se suman o doutras entidades e empresas como a Fundación EY, Indra, Google, Gas Natural Fenosa, Hijos de Rivera, Clarke, Modet& Co., Iberia e a Deputación de A Coruña, contando ademais coa colaboración de máis de medio cento de organizacións públicas e privadas e universidades. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias