El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

ATA O 31 DE OUTUBRO

Feijóo avanza axudas de tres millóns de euros para as explotacións leiteiras

28-07-2016 20:07:30

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe tras o Consello da Xunta unha nova liña de axudas de tres millóns de euros para dotar de liquidez ás explotacións leiteiras en dificultades. “Estivemos desde o primeiro minuto ao lado dos nosos gandeiros e imos seguir”, afirmou.   

Esta axuda poderá subvencionar os seguintes conceptos: as cotas de amortización de capital vencidas e impagas dun préstamo concibido para mellorar a explotación; os intereses impagos devindicados por un préstamo concedido para mellorar a explotación; a amortización dun préstamo refinanciado concedido para mellorar a explotación; e gastos impagos de xestión da explotación con máis de tres meses desde o seu vencemento, como alimentación, sementes, abonos ou fitosanitarios.  

O importe máximo por beneficiario é de 15.000 euros. Ao ser unha axuda en concorrencia non competitiva non se aplican criterios de valoración, pero terán preferencia cotas vencidas ou embargos por impago de préstamos.   


Axudas ao sector lácteo

O presidente tamén fixo balance sobre as medidas que tomou a Xunta para atallar as “graves dificultades financeiras” que están a vivir varias explotacións, derivadas dun contexto internacional “que está presionando os prezos á baixa”. Feijóo mencionou o paquete de apoio á industria láctea e aos gandeiros por valor de 40 millóns de euros, unha iniciativa cun triplo senso: “captar industria transformadora en Galicia , aumentar o tamaño das explotacións para reducir custos e axudar a aqueles gandeiros en dificultades”.   

Con este triplo cometido xeraranse 15 millóns de euros para estimular, mediante préstamos e avais, a creación dunha industria láctea que cree valor engadido en Galicia; 15 millóns para que as pemes gañen tamaño e poidan competir a nivel internacional e 10 millóns para que as explotacións leiteiras poidan refinanciar pasivos e circulante a custo cero.   

Dentro deste último capítulo, Feijóo explicou o estado actual deste programa de préstamos, dotado con 1,9 millóns de euros e que busca mobilizar un total de 10 millóns. Ata o momento aprobáronse 84 resolucións para facilitar circulante por importe de máis de 4 millóns, cunha axuda financeira de 306.600 euros. Respecto á segunda tipoloxía de axudas, as orientadas a refinanciar pasivos, recibíronse 42 solicitudes por un importe de máis de 2 millóns de euros, que están a ser avaliadas e se resolverán proximamente.   

“O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 31 de outubro, polo que todos aqueles que sigan tendo dificultades para facer fronte aos préstamos, refinanciar os préstamos ou acceder ao circulante poden saber que estamos á súa disposición”, lembrou o presidente.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias