El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Feijóo: "En Galicia seguimos creando emprego"

28-07-2016 20:26:02
Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía que Galicia pechou o segundo trimestre de 2016 con case 30.000 parados menos que hai un ano, “o que significa –aseverou- que en Galicia seguimos creando emprego, que se segue creando emprego de calidade e que se segue incrementando o número de ocupados”.   

Logo de que o Goberno galego avaliase hoxe na reunión do Consello os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa, Feijóo resaltou que a baixada do paro en Galicia é do 11,7% e, en España é do 11,1%; polo que a taxa de paro se sitúa no 17,7%, é dicir, 2,3 puntos menos que hai un ano, “a maior baixada nun segundo trimestre desde 2006”.   

O responsable do Goberno autonómico afirmou que esta cifra permite, neste momento, poder avanzar que o paro en Galicia estará por debaixo do 17% ao final deste ano, polo que se cumprirá amplamente o obxectivo que se tiña nos orzamentos de 2016.   

No tocante ao número de ocupados, Feijóo subliñou que estes aumentan en Galicia no último ano en máis de 24.000 persoas (24.100) o que significa unha subida da ocupación do 2,4%, practicamente igual á rexistrada en España: Galicia 2,39%; España 2,43%.   

Deste xeito, o número de ocupados na comunidade supera o millón de persoas,  con 1.034.100, sendo novamente a maior subida rexistrada nun segundo trimestre desde o inicio da crise económica, no segundo trimestre do ano 2007.   

O responsable autonómico precisou tamén que os ocupados a tempo completo subiron un 3,2%, mentres que os empregos a tempo parcial baixaron un 2,5%. Concluíu lembrando que o número de fogares con todos os membros activos en paro baixou na Comunidade un 12,6% e en España un 9,9%.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias