El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Compromiso aproba as súas listas para ser protagonista dun cambio con "sentido común"

20-08-2016 13:19:33
Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia

O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia aprobou hoxe as candidaturas para ás eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. O secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, que aspira á presidencia da Xunta de Galicia, destacou que as listaxes están conformadas por “homes e mulleres, xente moza e non tan moza, que procedemos dos pobos e das cidades de Galicia que, con certeza, contribuiremos a por sentido común ao cambio que se aveciña”.  

Bascuas expresou o seu optimismo en referencia ós vindeiros comicios para que traían “un cambio en chave de país, positivo e comprometido” e deixou claro que “Compromiso é unha forza de xentes do pobo e que nada adebeda a ninguén máis que ao pobo que nos levará ao Parlamento para traballar por el”.  

Desde o partido galeguista valoran a importancia de tódalas persoas que participan neste proxecto, como é o caso do enxeñeiro e prestixioso escritor, Xavier Alcalá, que é autor dun importante número de obras e foi premio da Crítica de Galicia. Ou tamén o caso do médico e recoñecido defensor dos dereitos das mulleres, Xosé Lois Doval. Alcalá e Doval pechan as candidaturas na Coruña e Ourense, respectivamente. En Pontevedra pecha a candidatura o avogado Xan M. Pérez Nartallo. Compromiso por Galicia foi a primeira formación política que elixiu os seus cabezas de lista polas catro provincias.   


A Coruña 

1.- Xoán Bascuas. Secretario xeral de Compromiso de profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela.

2.- Raquel Pillado. Ferrol. Traballa na empresa familiar dedicada á floricultura.

3.- Uxío Dapena. Socio de DP Avogados, na Coruña. Xogador do Cerceda.

4.- Laura Cereijo. Santiago. Limpadora e delegada sindical de CCOO.

5.- César Ramos. Profesor en Santa Comba e portavoz municipal de Compromiso na Baña..  


Lugo 

1.- Juan Carlos Piñeiro Docampo, portavoz de Compromiso en Burela, técnico intermedio en prevención de riscos profesionais, foi responsable de UXT-Costa durante doce anos.

2.- Melina Paz López Castro, de Lugo.Licenciada en Ciencias Políticas, profesora e empresaria. Involucrada no tecido asociativo de Lugo.

3.- Saúl Sánchez Freire, de Samos. Estudante de Ciencias Políticas, ligado o mundo rural.

4.- Carmen Nuñez Bruzos, de Sarria. CAPD da Xunta, estudante de educación social.

5.- Agustín Prado López de Lugo, enxeñeiro ambiental e informático, PL da Xunta de Galicia. 


Ourense 

1.- Xosé Mosquera CaseroProfesor de Dereito Constitucional no Campus de Ourense, xefe do servizo de intervención na Deputación de Ourense e Vicepresidente da Federación Galega de Tenis. 

2. - Lucia Nespereira GomezAdministrativa de profesión. Deportista.  Foi xogadora da selección española de fútbol sala feminino. 


Pontevedra 

1.-Andrés Núñez Rajoy, de Pontevedra. Enxeñeiro Técnico Agrícola, traballa na Consellería do Medio Rural en Pontevedra , foi xefe do Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal , e tamén foi  membro do Comité Fitosanitario Nacional, da Comisión Nacional de Avaliación de Fitosanitarios e Comisión Nacional de Bioseguridade .

2.- María Cruz Sánchez Blázquez. De Vigo. Mestre especialista en educación Infantil e ed.Primaria.Profesora de Ciencias Sociais, Xeografía,Historia e Historia do arte. Traballa activamente no Plan de Bibliotecas escolares con proxectos educativos innovadores.

3.- Álvaro Rodríguez Núñez. De Cambados. Avogado, Doutor en Ciencia Política. Foi concelleiro en Cambados polo Partido Galeguista.

4.- Sandra Araujo Carballido. De Ponteareas. Química industrial, Técnica Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural e o co de Técnica Superior en educación e control Ambiental.

5.- Orlando Villamayor Torres. Da Estrada. Empresario. Secretario nacional de comunicación de Compromiso por Galicia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias