El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

Feijóo recibiu aos deportistas galegos que participaron nos Xogos Olímpicos

24-08-2016 13:36:03
Olímpicos galegos.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, trasladou esta mañá, en nome do Goberno galego e de Galicia, a felicitación e o recoñecemento aos deportistas olímpicos galegos polos éxitos acadados en Río 2016. “Detrás dos nomes de Alessandra Aguilar, Frank Casañas, Jean Marie Okutu, María Bernabeu, María Vilas, Teresa Portela, Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Cristian Toro, Ana Vanesa Rial, Paula Medín, Miguel Alvariño, Fernando Alarza, Támara Echegoyen, Iago López e Fernando Echávarri está unha terra que vos admira e apoia e que hoxe vos recibe con orgullo”, aseverou.   

Feijóo destacou o afán de superación, o esforzo e a constancia que os caracteriza e referiuse a todos eles como o maior expoñente da marca Galicia. “Cunha medalla de ouro e 8 diplomas ensinades ao mundo que Galicia está en mellor forma ca nunca. E sodes tamén un exemplo a seguir para todos os galegos, para seguir construíndo Galicia”.   

Logo de ter tamén palabras de recoñecemento para os adestradores, as federacións e equipos, o responsable autonómico incidiu en que a Comunidade contou en Río con 16 deportistas, catro máis que nos Xogos de Londres.   

O titular da Xunta concluíu afirmando que os resultados acadados proban unha vez máis que Galicia é unha terra que leva o deporte polo mundo, pero que tamén é unha terra que o acolle con fervor, como se está demostrando nas primeiras etapas de La Vuelta; “un acontecemento internacional que está a dar a coñecer Galicia en todo o mundo”.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias