El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS | PSdeG

Leiceaga: "O socialismo galego dará unha resposta nova aos cidadáns"

24-08-2016 20:26:53
O candidato do PSdeG, Leiceaga.

Oleiros (A Coruña).- O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou hoxe en Oleiros que o socialismo galego “dará unha resposta nova” aos problemas dos cidadáns, deixando atrás o 25 de setembro as políticas do PP de Feijóo.   
Nunha reunión con cargos orgánicos e institucionais da comarca da Coruña celebrada esta tarde en Oleiros, Leiceaga trasladoulles a necesidade de “facer un esforzo neste mes para levar a nosa mensaxe a todos os recunchos”, agradecendo o traballo da militancia.   

“Atravesamos tempos duros e desde o PSdeG temos que deixar claro unha vez máis o noso compromiso coas persoas”, engadiu o candidato, que insistiu en que “o socialismo galego está para dar resposta na economía, o emprego e os servizos básicos”, fronte a insolidariedade do PP.   

Na reunión, os cargos do partido trasladáronlle a súa preocupación polo retraso nas axudas e indemnizacións para os afectados polas inundacións que sufriu a comarca hai cinco meses. Leiceaga comprometeuse a estudar o tema nos próximos días na busca dunha solución. Departamento de comunicación      





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias