El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS | PSdeG

Leiceaga impulsará un plan "para dar emprego cada ano a 10.000 mozos"

26-08-2016 20:48:40
Xoaquín Fernández Leiceaga.

Lugo.- Ocandidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe en Lugo un plan de revitalización demográfica con“medidas de fondo como a contratación de 10.000 mozos e parados de longa duración cada ano”.    

Na presentación da candidatura da provincia de Lugo, Leiceaga lamentou a “regresión demográfica” de Galicia e apostou por políticas de fondo, “non por caixas finlandesas que forman parte da tómbola de Feijóo, as medidas do PP son fachada e apariencia”.    “

Queda menos dun mes para o cambio, os socialistas temos unha nova resposta e unha nova ilusión, temos que darlle respostas aos cidadáns desde os valores progresistas, o PSdeG será o núcleo da alternativa para desaloxar ao Partido Popular”, afirmou.    

“No último ano de Touriño chegaron 18.000 persoas a Galicia e este ano marcharán entre 3.000 e 5.000, por non falar dos nacementos, que pasaron de 24.000 a 19.000; temos un graveproblema de regresión demográfica”, manifestou o candidato.    

Leiceaga defende “un acordo social e político, falamos dunha cuestión prioritaria e por iso impulsaremos un plan con 10.000 empregos ao ano, apoiando tamén outras iniciativas como as vivendas públicas en réxime de aluguer para mozos e o incremento de escolas infantís”.    

“Os socialistas apostamos por unha Galicia que vaia a máis e poremos tamén en marcha o programa Retorno do talentopara promover a volta dos mozos e mozas que emigraron, temos que darlle motivos para regresar apoiando as iniciativas de emprendemento”, engadiu.    

Pola súa parte, o número 1 da candidatura, Luis Álvarez, afirmou que “os socialistas cambiaremos a dinámica de Lugo con Leiceaga na presidencia da Xunta, deixando atrás as políticas dun Partido Popular que ten una débeda histórica coa provincia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias