El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Leiceaga: "O voto de rebeldía é o voto ao partido socialista"

20-09-2016 16:26:50

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou esta mañá en Santiago que “o voto de rebeldía hoxe en día é o voto ao Partido Socialista”, unha rebeldía “contra o Partido Popular e contra o populismo e a simple protesta”.   

Leiceaga presenteu as súas propostas para a xuventude nun acto celebrado no campus sur de Santiago, no que tamén participou o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza. “A rebeldía pode e debe exercerse votando ao Partido Socialista, só o socialismo ofrece un camiño sólido, fiable e eficaz para rebelarse”, manifestou o candidato do PSdeG.   

“Somos o único partido que fixo nesta campaña unha proposta seria e solvente para loitar contra o desemprego xuvenil, cun plan de emprego con 10.000 contratos ao ano que será a primeira medida que porei en marcha”, apuntou Leiceaga, que explicou tamén no acto “o plan de retorno do talento destinado a facilitar a volta de mozos e mozas emigrados nos u?ltimos anos”.   

O programa socialista inclúe tamén “unha escola de masters, en colaboracio?n coas tres universidades, para a posta en marcha de estudos de master con demanda social en cada a?rea de con?ecemento, con criterios de calidade e internacionalizacio?n, e un sistema de axudas propio para facilitar o acceso”.   

Con respecto aos emprendedores, anunciou “unha tarifa plana para os autónomos durante un ano, con condicións especiais na súa contribución a seguridade social”, ademais de recuperar “o plan de apoio á vivenda en aluguer para mozos e mozas”.   

Por último, Leiceaga animou á xuventude a “pensar libremente” e a exercer “un voto de protesta e madurez, por iso pídovos que votedes ao Partido Socialista porque é a única forma real de cambiar as cousas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias