El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Ana Pontón: "Queremos a Galiza da igualdade, fraternidade e solidariedade"

23-09-2016 19:42:49
Ana Pontón, nun acto en Pontevedra.

No transcurso do acto organizado, a modo de vermú, na praza de Ourense de Pontevedra a candidata nacionalista, Ana Pontón acompañada polo cabeza de lista, Luís Bará e o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou que o 25 de setembro ten que quedar atrás “a Galiza triste do Partido popular para avanzar cara a Galiza da Igualdade, fraternidade, liberdade e solidariedade, ese é o proxecto do BNG”.

Pontón apelou ás posibilidades que ofrecen as redes sociais para que as persoas desesperanzadas se sumen ao proxecto da ilusión e futuro que representa o BNG. Hoxe, dixo, aínda hai moitas persoas que dubidan ou non saben si van a votar e a quen, eu a todas esas persoas pídolles que non se resignen e que confíen na papeleta do BNG porque é a papeleta das persoas que queremos “unha Galiza con igualdade, sen desemprego, sen corrupción, sen gobernos entregados aos intereses de empresas, un goberno ao servizo dos galegos e galegas e ese é o noso compromiso con este país”.

A candidata recalcou que o BNG confía nas propias forzas, calquera de nós, explicou sabe que na súa vida para saír adiante precisa confiar en si mesmo, e nós, colectivamente tamén necesitamos “confiar no que somos capaces de facer como pobo” e para iso está a ferramenta do BNG, “con experiencia, que ten cometido erros pero aprendeu e  nunca se equivocou do lado do que estaba, nós sempre estivemos do lado de Galiza, dos galegos e das galegas nunca nos equivocamos niso”.

Nesta campaña, dixo, xa fixemos algo moi grande pero o mellor está aínda por vir o 25 de setembro e lembrou que toda a simpatía que eses días a cidadanía galega transmitiu ao BNG debe agora traducirse en votos ao proxecto do BNG.

O BNG dotará de máis profesorado e medios a universidadeAntes de participar no vermú organizado polo BNG en Pontevedra, a candidata nacionalista participou nun encontro na Universidade da Coruña con profesorado, PAS e alumnos/as aos que trasladou as liñas do programa do BNG para universidade. Un programa, dixo, centrado en dous aspectos, “unha universidade na que a filla dunha traballadora teña as mesmas oportunidades que o fillo dun presidente e unha universidade ao servizo dos intereses de Galiza.

Na sala de profesores ateigada de representantes da comunidade educativa, Ana Pontón defendeu “unha universidade pública, galega e innovadora” e anunciou que o compromiso do BNG é destinar  o 1,5% do PIB para colocarnos na media do entorno europeo. Asemade, avogou por “rebaixar as taxas universitarias” e unha nova política de bolsas, cuxa xestión dependa de Galiza.

A candidata do BNG afirmou que a universidade pública debe ser dotada de maior profesorado  e medios e eliminar os recortes que impediron o desenvolvemento da nosa universidade. BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias