El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

ELECCIÓNS GALEGAS

Bascuas: "Este partido é necesario para Galicia e estámolo a demostrar"

23-09-2016 21:00:23
Xoán Bascuas, no peche de campaña na Baña.

Compromiso por Galicia pechou a súa campaña na Baña, de onde é orixinario Xoán Bascuas, candidato á Presidencia da Xunta, e en Santiago, onde o partido celebrou unha gran festa na Praza 8 de marzo. Neste peche de campaña puidose degustar sidra naturalda Estrada e outros productos de Galicia. 

Xoán Bascuas, na súa intervención, destacou que “este partido é necesario para Galicia e estámolo a demostrar con feitos”, e falou do "gran traballo" feito nos concellos nos que Compromiso por Galicia goberna. Bascuas fixo énfase na necesidade de reformar o Estatuto para ter poderes propios, na importancia de ter autonomía fiscal, e no imprescindible que é ter control sobre os recursos naturais, así como na obriga de reclamar máis competencias para Galicia, para aumentar o autogoberno.

Bascuas falou da necesidade que ten Galicia de controlar os propios recursos enerxéticos, explotados por corporacións de fóra que non atenden ás necesidades do país. Incidíu na necesidade de ter competencias para fixar os prezos da enerxía industrial, buscando así ser competitivos no marco estatal e europeo. Destacou tamén o apoio aos empresarios e aos xóvenes emprendedores se goberna Compromiso por Galicia. Para iso falou de crear unha institución pública de crédito.

“Temos que fusionar o IGAPE e o Xes Galicia nunha única institución de crédito que recupere o espírito das caixas de aforro. Non só enfocada ao tecido empresarial ou hipotecario senón que tamén xere un investimento social". Bascuas rematou falando da "gran campaña feita pola xente que fai este gran partido" e falou de que Compromiso é a forza do novo galeguismo, capaz de ser o eixo do cambio: "os galeguistas e progresistas desencantados teñen a súa opción en Compromiso”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias