El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

XUNTA DE GALICIA

O servizo Gaio traduciu máis de 250 millóns de palabras

20-11-2016 12:46:02

O servizo de tradución Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015, cando a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxeron á disposición dos galegos cidadanía esta ferramenta que, ata entón, era de uso de interno da Administración.   

Desde entón Gaio recibiu preto de 1,5 millóns de visitas que puideron acceder á tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés, catalán etc.   Gaio ofrece aos usuarios unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os Concellos, Consellerías etc...   

A versión pública de Gaio, aberta a toda a cidadanía, se beneficia das melloras realizadas, tanto a nivel lingüístico como técnico, durante os case 2 anos que a ferramenta levaba empregándose a nivel interno na Xunta de Galicia.   


App

En xullo deste ano publicouse a aplicación Gaio, a número 25 das apps da Xunta, e que xa leva 2.400 descargas acumuladas. A app, dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android, traslada aos dispositivos móbiles as funcionalidades de GAIO.   

A aplicación móbil Gaio, que conta cunha interface moi sinxela e intuitiva, permite a tradución de textos entre galego, castelán, inglés, portugués, francés e catalán. O usuario que descargue Gaio poderá gardar as súas traducións favoritas, enviar suxestións para completar e mellorar os dicionarios de Gaio, configurar os idiomas por defecto e predeterminar se aplicación debe ou non marcar as palabras descoñecidas.   


Presenza da Administración na rede

A presenza da Administración pública na rede é unha ferramenta fundamental para a prestación de servizos públicos dixitais e, neste caso concreto, para difundir a nosa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social. Este obxectivo refórzase co emprego do dominio .gal, que están a incorporar todas as novas webs institucionais, dentro do compromiso que asumiu o Goberno galego en maio de 2015.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias