El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN LUGO

A Deputación colabora co Festival de Jazz de Ribadeo

23-11-2016 19:12:17
Presentado o Festival de Jazz de Ribadeo.

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, o Presidente da Asociación Cultural Jazz Eo, Rafael Monteavaro, xunto a outros promotores, presentaron estes mércores no Concello de Ribadeo a V Edición do Festival Jazz Eo, co que colabora o organismo provincial cunha achega económica de 3.000 euros.   

Esta nova edición celebrarase no Auditorio “Hernan Naval”, entre os día 2 e o 10 de decembro, o horario dos concerto serán ás 20:30 horas. Na programación deste ano haberá cinco concertos con sete bandas de jazz e blues, dos cales dous serán gratuítos e tres de pago.   

García Bermúdezremarcou que “a Deputación colabora novamente con esta edición para contribuír a dinamizar a actividade cultural na Mariña. Ademais esta nova cita é unha boa oportunidade para promocionar a todos os niveis toda a Comarca e Ribadeo.” Sinalou ademais que estes días os amantes do jazz poderándesfrutar de concertos únicos, como Alejandro Vargas Trio; Prisco&Cherry; MichaelOliveraGroup; OierPonceTrio; En casa del Herrero; BluesBand;JuliánMaeso, ou ShirleyDavis& The Silverbacks.   

Rafael Monteavaro explicou a importancia deste festival, que radica en que é o único de musica de jazz e blus en vivonesta época do ano. E puntualizou que para Ribadeo é un privilexio ter un cita musical destas características, que esta ao alcance de todos. Por último agradeceu o esforzo e a colaboración das institucións, tanto ao Concello e a Deputación que promoven este proxecto, ademais de todas as entidades colaboradoras da vila.   

Farruco Graña explicou que o Concello de Ribadeo aposta novamente pola cultura coa celebración desta V Edición. “Esta cita xa é un referente na provincia, ademais de converterse xa, nun elemento dinamizador socioeconómico da zona. Este festival é un excelente pretexto para visitar A Mariña e Ribadeo, paga a pena visitarnos”, resumiu.   


Entrada a 10 euros e Bono de 25 euros

O prezo das entradas diarias é de 10 euros para cada concerto, pero existe un abono para os tres concertos de pago por 25 euros. Estas entradas e abonos xa están á venda na web www.codetickets.com,e na axenciaviaxes Alandrina Tours, na rúa Reinante, 14 de Ribadeo. Departamento de comunicación 


Programación

.- Venres, 2 de decembro; Alejandro Vargas Trio, e Prisco&Cherry. Entrada de balde.

.- Sábado, 3 de decembro; MichaelOliveraGroup. Entrada 10 euros.

.- Martes, 6 de decembro;Oi erPonceTrioe, En casa del HerreroBluesBand. Gratuíto.

.- Xoves, 8 de decembro;  JuliánMaeso. Entrada 10 euros.

.- Sábado, 10 de decembro; ShirleyDavis& The Silverbacks. Entrada 10 euros.              





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias