El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Carlos Lalín, Premio UDC Deportes

29-11-2016 15:48:03

A Universidade da Coruña vén de conceder o VIII Premio UDC Deportes ao doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte por esta universidade Carlos Lalín Novoa. O xurado presidido pola vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e composto polo director da área de Deportes, Juan Fernández, o técnico de Deportes, Manuel Moya, a xefa de Comunicación da UDC, María Ares, e os xornalistas deportivos Paulo Alonso, Juan Quijano e Javier Torres, decidiron entregar este premio a Lalín en recoñecemento a súa profesionalidade e afán innovador no mundo do deporte. 

Neste sentido, valorouse a súa traxectoria profesional como readaptador físico-deportivo de lesión no mundo do fútbol. Carlos Lalín, licenciado en Educación Física e Deporte pola UDC, acadou o grao de Doutor no ano 2014. Ademais de diversos méritos académicos, desenvolveu unha actividade investigadora en lesións deportivas, adestramento, prescrición de exercicio físico e actividade física e saúde. Foi readaptador físico-deportivo do Real Club Deportivo da Coruña, entre os anos 1998 e 2008 cando pasou a exercer este mesmo posto no Real Madrid. Foi asistente de Manager do primeiro equipo do Chelsea e actualmente forma parte do corpo técnico do Manchester United. 

O Premio entregarase no transcurso da Gala do Deporte que a UDC celebra o vindeiro día 1 de decembro, no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol, ás 20:30 horas, e na que se recoñece aos alumnos da UDC que compiten nas distintas ligas e campionatos universitarios. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias