El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

Galicia cólgase un ouro e unha prata no Campionato de España de Ciclocross

08-01-2017 20:43:37
imiao Carlos Canal rematou segundo na proba cadete.

O ciclismo galego viviu outra xornada para o recordo este domingo na clausura dos Campionatos de España de ciclocross Loterías celebrados en Valencia. Defendendo as cores do combinado autonómico, o alaricano Iván Feijoo proclamouse campión de España júnior e o limiao Carlos Canal rematou segundo na proba cadete. 

Os dous corredores do Academia Postal-Actyon-MMR de Maceda repetiron presenza no podio despois de participar o venres na proba por remudas que se adxudicou Galicia. A colleita de metais da selección dirixida por Xose Anxo Vidal e Guillermo Sande complétase coa prata obtida o sábado por Samuel González na carreira sub23. 

Subcampión junior de ciclocross hai un ano en Torrelavega e de BTT o pasado mes xullo en Maceda, Iván Feijoo fíxose en Valencia coa coroa que tanto desexaba. O ourensán tomou a iniciativa da carreira na segunda volta con Jofre Cullel (Catalunya) e Xabier Murias (Euskadi) a súa roda. Na loita entre os tres referentes desta categoría, o corredor galego foi o máis combativo, pero non conseguía distanciarse. 

A zona de area pouco antes de meta era o principal momento ofensivo e a falta de dúas voltas para o final un novo arreón de Feijoo descolgou uns metros a Muria, unha iniciativa que secundou Cullell e que eliminou ao vasco da loita polo ouro. Tras o último paso por meta o galego e o catalán mantiveron a igualdade e a carreira decidiuse nos metros finais con vitoria para o de Allariz cun tempo de 38 minutos e  57 segundos. 

“Sabía que se entraba primeiro na zona de arena ía gañar e así foi. Saín por diante de Jofre e por fin puiden gañar o campionato. Adícolle este triunfo ao meu pai, a toda a miña familia e a Xulio Conde (máximo responsable do Clube Ciclista Maceda). Agora toca loitar nas dúas probas da Copa do Mundo que quedan e intentaremos sorprender no Mundial para darlle unha alegría a España”, indicou Feijoo, que na meta superou en 2” a Cullel, e en 24” a Murias. No resto de participantes da Selección de Galicia destacou o sétimo posto de Guillermo García, a 1:20 do gañador. Pola súa parte, Jorge Suárez foi 13ª e Pablo Álvarez (19º), mentres que o tamén galego Abel Franco (Movistar) logrou a 10ª praza.


Man a man nos cadetes

Un desenlace similar ao da competición junior viviuse na carreira cadete masculina, pero neste caso o ciclista galego tivo que conformarse co segundo posto. Carlos Canal seguiu a estela na recta de saída do defensor do título Gonzalo Inguanzo (Cantabria). Co man a man servido entre os dous, o de Xinzo de Limia estivo máis activo intentado sorprender ao longo de toda a proba ao seu rival. As súas ofensivas ampliaron a vantaxe do dúo de cabeza a 16” respecto aos seus perseguidores a falta de dúas voltas. 

Na resolución da carreira Inguanzo conseguiu abrir unha mínima diferenza de 2  segundos sobre Canal e esa distancia resultou definitiva para que o cántabro se impuxera despois de 28 minutos e 47 segundos de esforzo. O podio completouno o madrileño Daniel Eguía, que na meta cedeu 35” respecto o gañador. O rosaleiro Mario Fernández, da Selección de Galicia, estivo moi preto dos mellores e rematou sexto a 48”. O outro cadete do combinado autonómico, Borja Lorenzo, non completou a proba. 


Saa, cerca do bronce

O éxito da delegación galega, e en especial dos ciclistas do Maceda, estivo a piques de materializarse nunha terceira medalla nesta xornada de clausura. A cadete Noela Saa, de primeiro ano, formou parte do cuarteto que comandou de inicio a súa carreira e ata a última volta mantivo opcións de colgarse o bronce.  

Finalmenete, a ourensá non puido co ritmo da valenciana Bonillo e cruzou a liña de meta en quinta posición a 33” da vencedora María Parajón (Madrid). Catro segundos máis tarde que Saa concluiu Carla Fernández (Selección de Galicia), no sexto posto, e Galicia tamén contou entre as dez primeiras con Aida González, oitava. Antía Martínez (16ª) e Andrea García (17ª) foron as outras representantes do conxunto galego. 

Con Mauro González, 19º na carreira Elite, pechouse a participación da selección autonómica. Dous ouros e dúas pratas foi o seu brillante resultado, superando as tres pratas do ano pasado en Cantabria. Ademais, o ciclismo galego festexou outra medalla en Valencia co bronce asinado por Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro) na categoría Máster-30A. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias