El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN LUGO

Aberta a solicitude para participar no novo Musiqueando da Deputación

15-02-2017 12:21:46
Presentado Musiqueando.

A Deputación mantén aberto o prazo para participar no Musiqueando, o programa dotado con 100.000 euros, co que o Goberno da Deputación promociona a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas ou grupos tradicionais. O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas.   

Os grupos de música, que queiran participar nesta programación provincial poden facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do mesmo mes. Os interesados en participar no www.deputacionlugo.gal habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.   

O Goberno da Deputación asumirá o 80% dos custos de cada actuación e o 20% restante, será achegado polos Concellos, asociacións ou comisións, que soliciten ditas actuacións. A achega do organismo provincial, que dependerá do número dos integrantes dos grupos de música, é a seguinte:


Bandas de música

.- Bandas de menos de 15 integrantes: 600 euros. 

.- Bandas entre 15 e 24 integrantes: 880 euros. 

.-  Bandas entre 25 e 39 integrantes: 1.200 euros. 

.-  Bandas entre 40 e 50 integrantes: 1.600 euros. 

.- Bandas de máis de 50 integrantes: 2.000 euros.    


Grupos de música tradicional

.- Grupos de música tradicional con menos de 10 integrantes: 400 euros. 

.- Grupos de musica tradicional entre 10 y 20 integrantes: 600 euros. 

.- Grupos de música tradicional con máis de 20 integrantes: 720 euros.  


Corais

.- Corais hasta 20 membros: 480 euros. 

.- Corais con máis de 20 integrantes: 640 euros.  


Obrigas e compromisos

Os Concellos e entidades que soliciten as actuacións deberán cumprir con diferentes medidas, como organizar as actuacións velando polo seu correcto desenvolvemento, non facer ningunha modificación na actuación sen a autorización da Deputación, ou empregar o galego nos carteis anunciadores e en toda a propaganda que se faga do evento. 

 Pola súa parte, as bandas e grupos musicais deberán facer actuacións cun máximo de duración de hora e media, podendo levarse a cabo nun único pase ou pola contra en dous pases de 45 minutos cada un, e non poderán facer ningunha modificación na actuación sen o permiso da Deputación.


Novidades

Á hora de seleccionar aos grupos, a Deputación terá en conta aspectos como a proximidade entre o grupo de música e o Concello, ou tamén o número de veces que xa actuaron en dito municipio, co fin de conseguir unha rotación entre grupos e Concellos.   

Os grupos corais, bandas de música e grupos tradicionais, non poderán participar grupos infantís formados menores de 13 anos. Se nalgún dos grupos existisen membros menores de idade, deberá contar coa autorización, así como unha certificación pola que se fará cargo da súa seguridade e demais responsabilidades derivadas, a persoa responsable do grupo de música, banda ou coral participante neste Programa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias