El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia un programa de axudas para artistas coruñeses

26-02-2017 12:51:53

O pleno da Deputación da Coruña vén de aprobar un convenio de colaboración do Concello da Coruña para financiar un programa de axudas a creadores locais. A institución provincial achega 132.912 euros para estas axudas dirixidas tanto a artistas e creadores coma a empresas culturais, colectivos e grupos que promovan creacións artísticas que teñan como escenario ou temática a cidade da Coruña, a súa historia e cultura popular. 

Poderán optar ás axudas servizos culturais ou de carácter artístico, coma exposicións, talleres, instalacións temporais ou seminarios, e tamén producións de bens culturais. Algúns dos requisitos que se demandan son que os proxectos sexan orixinais e inéditos, que teñan un caché máximo de 3.000 euros e que estean enmarcados nas disciplinas artísticas : son, palabra, escena, plásticas, imaxe ou outras entornas creativas. 

Os creadores seleccionados serán contratados polo Concello para expoñer os seus proxectos ao público, que poderá desfrutar deles de maneira totalmente gratuíta. Así mesmo, o programa financiado pola Deputación inclúe a coordinación e comunicación de todas as accións. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias