El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LAXE

Relaxese: proxecto turístico do Concello de Laxe

02-03-2017 10:40:14

Relaxese é unha iniciativa da concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, coa que se pretende establecer un programa anual de actividades turísticas.    

Diversificación

Relaxese está centrado no concepto “Nove meses, nove actividades turísticas”, de tal maneira que nos meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de xuño, e entre o 1 de outubro e o 31 de decembro- se programen actividades dirixidas a diversificar o turismo.    

Precisamente por iso cada mes do ano promove unha temática turística especificamente pensada, coa que se pretende, non soamente innovar, senón tamén, fortalecer os atributos cos que conta o municipio de Laxe.     


Integración 

Este proxecto nace na recentemente creada concellería de Comercio, Hostalería e Turismo. Precisamente por iso pretende integrar o sector turístico, o sector comercial e o sector hostaleiro nunha estratexia de desenvolvemento local conxunta.   


Cooperación

Relaxese é un programa integral, que pretende favorecer a cooperación da administración municipal e do empresariado local. Pero, para asegurar a súa sustentabilidade, pretende integrar tamén á poboación residente nos procesos de comunicación e desenvolvemento. Polo tanto, sector público, sector privado e asociacionismo local formarán parte das estratexias turísticas municipais contempladas neste proxecto.   


Dinamización

O Museo do Mar de Laxe é un equipamento municipal pechado ó público a meirande parte do ano. O que se pretende é dinamizar esta infraestructura e convertela en centro e motor das actividades turísticas municipais.    

O Museo do Mar de Laxe será un centro turístico, e tamén un centro cultural e social de referencia. Nel é de onde partirán as actuacións que permitirán poñer en valor o patrimonio natural e sociocultural de Laxe, como parte desta estratexia de desenvolvemento turístico integradora.   


A estratexia do mercado

As estratexias de mercado contribúen a formar unha estructura sólida de actuación turística. Precisamente por iso é tan importante saber a quen dirixirnos, cales son os nosos clientes obxectivo e cales son as estratexias por sectores que nos farán competir con éxito no futuro. Sabemos que quenes nos visitan teñen motivacións e inquietudes diferentes.    

Partindo diso pretendemos focalizar as estratexias turísticas en mercados concretos, de tal xeito que aqueles con maior potencialidade permitan aos seus consumidores sentirse efectivamente satisfeitos.   

A estratexia do mercado é dirixirse a un tipo concreto de demanda ao longo de cada un dos meses de menor afluencia turística. O que permitirá esta estratexia é traballar cunha doble finalidade: desestacionalizar a demanda e fortalecer a especialización turística.   


O sistema táctico mensual

O sistema táctico baséase nunha estratexia moi simple, consistente en crear un programa de actividades anuais que se consolide no tempo baixo o seguinte título: “Nove meses, nove actividades turísticas.    

Exclúense deste programa os meses de xullo, agosto e setembro por razóns obvias: como se anticipou anteriormente o que se pretende é desestacionalizar o turismo.     


Marzo: enoturismo

1.- Atributos do Concello de Laxe: a existencia real dunha cultura popular do chateo e a profesionalidade do sector hostaleiro neste campo    

2.- Obxectivos específicos: maximizar a cultura do chateo nos negocios locais; converter Laxe nun referente para o chateo e expandir a meridaxe con gastronomía típica (a meridaxe do viño). 


Abril: turismo cultural

1.- Atributos do Concello de Laxe: A figura do poeta local Antón Zapata; a celebración das procesións de Semana Santa; a festividade do naufraxio (festa de interese turístico de Galicia) e o fondo fotográfico Vidal.

2.- Obxetivos específicos: difundir a Semana Santa de Laxe; homenaxear a Antón Zapata nas Letras Galegas e potenciar a fotografía turística.


Maio: turismo ornitolóxico

1.- Atributos do Concello de Laxe: situación estratéxica nas travesías migratorias; a integración na ZEPA Costa da Morte, e o espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.

2.- Dar a coñecer o espazo natural de Traba, e potenciar o turismo ornitolóxico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias