El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca o concurso de viñetas sobre sexualidade e igualdade de xénero

13-03-2017 16:52:43
Presentado o concurso de viñetas.

“IgualMente. Sexualidade e Igualdade de Xénero”é o tema da VIII Edición do Concurso de Viñetas que convoca a área de Igualdade da Deputación da Coruña. O concurso diríxese a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos e ten como obxectivo contribuír á “reflexionar, concienciar e mudar as mentalidades” entre a mocidade. 

O concurso de Viñetas da área de Igualdade da Deputación da Coruña chega a súa oitava edición cunha convocatoria que ten como obxectivo promover a reflexión sobre a “importancia de gozar de relacións afectivas e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidade de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”. 

A área de Igualdade promove o concurso como unha “iniciativa máis do programa de actividades e proxectos dirixidos á infancia e mocidade, para nós fundamentais para construír un mundo sen discriminación e sen machismo”, explica a responsábel da área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco. A convocatoria deste ano destacará a importancia da educación afectiva da mocidade e, de maneira especial, quere incidir na necesidade social de “respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”. 

Cada participante poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e composta por unha ou , como máximo, seis viñetas cun fío condutor. A temática irá desde as diferenzas entre sexo e xénero, estereotipos nas relacións, roles de xénero, relacións de parella igualitaria, diversidade afectiva-sexual, orientacións sexuais, ou identidades.  

O concurso contempla dúas convocatorias, unha para participantes de entre 12 e 14 anos e outra para 15 e 18. O prazo de presentación é de 30 días naturais -ata o 12 de abril- desde a publicación no BOP que foi este  luns 13 de marzo. Consultar as bases





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias