El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

AXUDAS PERIÓDICAS

A Xunta duplica o orzamento para mulleres que sofren violencia de xenero

16-03-2017 20:35:28

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello o incremento do orzamento das axudas periódicas para mulleres que sofren violencia de xénero, un orzamento que superará os catro millóns de euros, “o dobre que o pasado ano 2016”.   

Durante a súa intervención, Feijóo lembrou que a axuda consiste nunha contía económica periódica destinada directamente á beneficiaria, cun máximo de ata 12 mensualidades e cunha variación de entre 300 e 800 euros -en función de variables como os seus ingresos, fillos ao cargo ou discapacidade-.   

Así mesmo, cómpre salientar que por primeira vez esta iniciativa inclúe tamén ás mulleres vítimas de trata, sendo Galicia a primeira comunidade que toma esta medida.   

O titular do Goberno galego salientou que de acordo co aprobado no Parlamento, esta orde de axudas estará aberta todo o ano, de xeito que as vítimas poderán solicitalas en calquera momento. “Estamos a falar dunha axuda que busca garantir ás mulleres vítimas de violencia de xénero unha condicións de independencia económica respecto ao seu agresor”, aseverou, destacando que só no último ano téñense beneficiado desta axuda 324 mulleres.   

Feijóo garantiu o compromiso do Executivo galego para seguir traballando en todos os ámbitos: no educativo, tentando sensibilizar ás xeracións máis novas e, de feito, “somos unha das poucas Comunidades autónomas que temos dentro do currículo escolar ensinanzas en igualdade”; no campo policial, dando respaldo ás vítimas que denuncian e que precisan dunha vixilancia especial; e no eido xudicial, garantindo servizo xurídico ás vítimas 24 horas, 365 días ao ano.   

Nesta mesma liña referiuse a outras medidas como a prestación de atención psicolóxica, a través do convenio co Colexio de Psicólogos; o asesoramento legal e xurídico; ou o plan de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, que se aprobou o ano pasado.      





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias