El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

NOS CONCELLOS DE TRASMIRAS E CHANTADA

O Banco de Terras cederá tres parcelas ao Ingacal

18-03-2017 12:17:36

O director xeral de Desenvolvemento Rural vén de iniciar o trámite para ceder tres parcelas do Banco de Terras nos concellos de Trasmiras e Chantada ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) co fin de crear campos de experimentación con variedades locais de carballos. O proxecto forma parte do convenio subscrito coa Fundación Juana de Vega co fin de conservar a diversidade desta especie en Galicia.   

En concreto, este acordo pretende crear plantacións de Quercus robur máis variadas que as que existen na actualidade, xa que van reunir árbores de diferentes procedencias xeográficas da mesma zona climática. Así lograranse parcelas dun alto valor xenético en terreos propiedade da comunidade autónoma.   

O convenio, no que traballa o centro de investigación forestal de Lourizán por parte da Consellería do Medio Rural, contemplaba un plan de actuación que comezaba polo recoñecemento e mostraxe previo nas plantacións selectas, a marcaxe das árbores parentais e a toma de mostras de landras. Durante o ano pasado levouse a cabo a plantación en dous viveiros de Lugo e Pontevedra das landras recollidas e seleccionáronse as parcelas para a plantación de aproximadamente unha hectárea cada unha.   

Precisamente por este motivo solicitouse ao Banco de Terras a cesión dunha serie de predios, tramitación que xa comezou por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ao amparo da Lei de Mobilidade de Terras, que permite a cesión gratuíta da titularidade a administracións públicas por fins de interese social, medioambiental ou de infraestruturas.   

Os predios finalmente seleccionados están dous sitos no concello de Chantada e outro no de  Trasmiras. Agora comeza a tramitación da cesión dos tres ao Ingacal, proceso que se alargará uns tres meses. Unha vez en propiedade do Ingacal, o centro de Lourizán procederá á repoboación destas fincas coa selección mellorada de exemplares. En total, o orzamento de execución deste convenio ascende a 89.783,28 euros. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias