El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O centro Europe Direct da Deputación edita unha guía de recursos para a xuventude

19-03-2017 11:48:21
Europe Direct A Coruña publica unha guía.

Europe Direct A Coruña, o centro de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, vén de publicar unha guía que recolle as principais oportunidades, medidas e recursos destinados aos mozos europeos, elaborada en colaboración con outras doce oficinas da rede Europe Direct España (Albacete, Asturias, Bizkaia, Ourense, Cantabria, Córdoba, Huelva, Lleida, Murcia, Salamanca, Segovia e Valencia). 

Baixo o título “Propostas europeas para unha xuventude con futuro”, o boletín pretende achegar aos mozos as 10 prioridades orientadas ao emprego e ao crecemento económico marcadas pola Comisión Juncker. 

O resultado materialízase nun documento de consulta interactivo, que xa se pode descargar en formato electrónico na web www.dacoruna.gal/europedirect, e que inclúe información sobre temas coma emprego, voluntariado, mobilidade, dereitos da cidadanía europea ou o programa Erasmus +. Asemade, a guía tamén recompila as redes específicas nas que se recolle información sobre temas de interese e recursos que poidan ser de utilidade para a xuventude. 

Coa elaboración desta guía, a Deputación da Coruña e o seu centro de información Europe Direct queren dar a coñecer a axenda política da Comisión Europea e, en concreto, as oportunidades, medidas e recursos destinados aos mozos e mozas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias