El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

COMEZOU A PESCA FLUVIAL

Beatriz Mato visitou o Couto de pesca de Baio

19-03-2017 13:15:50
Beatriz Mato.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou esta mañá o papel que xogan os pescadores no coidado da riqueza dos ríos galegos grazas ao feito de practicar este deporte respectando as normas de pesca fluvial. Así o puxo de manifestou durante a súa visita ao Couto de Baio, con motivo do inicio da tempada de pesca fluvial deste ano, onde aclarou que con carácter xeral a talla mínima é de 19 centímetros e a cota máxima de  10 troitas por pescador e día.   

Tal e como explicou a conselleira, é imprescindible coidar dos ríos porque son as veas de Galicia, polo que coidar da súa da terra galega é sinónimo de coidar da sociedade. Engadiu que para que esta cadea non se rompa é preciso garantir o relevo xeracional, un obxectivo no que traballa xa a Xunta de Galicia. Nese sentido, sinalou a necesidade de captar novos pescadores entre as idades máis novas, xa que así tamén se garantirá e potenciará a difusión da protección da fauna ictícola e do medio natural, fomentando a pesca sen morte.   

A conselleira recordou que na tempada que se inicia hoxe unha das principais novidades é o incremento dos tramos de pesca sen morte, que aumentan nunha lonxitude total de 30 quilómetros. Desde o 2012 os tramos de pesca sen morte pasaron de 199 a 328 quilómetros.   

Mato Otero trasladou a colaboración do Goberno galego con este colectivo e coa pesca fluvial, un apoio que quedará refrendado coa posta en marcha do Observatorio dos Ríos Galegos, do que se está a redactar o borrador de decreto polo que se crea, e que terá unha composición disciplinar, con entidades da administración, sociedade civil e institucións do ámbito académico. Neste ámbito, e coa colaboración deste grupo multidisciplinar, realizaranse plans directores para os distintos sistemas de explotación. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias