El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CREAR 3 000 NOVOS EMPREGOS

A Xunta destina 230 millóns ao rural

23-03-2017 17:53:00

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación do Plan de fixación de poboación no rural. Un plan dotado con 230 millóns de euros ata 2020 e con 23 medidas específicas encamiñadas a xerar novas oportunidades que permitan poñer en valor 330.000 hectáreas, para o seu aproveitamento agrogandeiro e forestal, e a creación de 3000 novos empregos.     

Logo de subliñar que é a primeira vez que se agrupan nun único documento todas as medidas encamiñadas a xerar novas oportunidades no rural, o titular do Goberno galego fixo fincapé en que este plan ten como obxectivos procurar a cohesión territorial; apoiar diferentes modelos de negocio no rural; o desenvolvemento territorial equilibrado; e a creación e conservación do emprego.   

Máis polo miúdo, Feijóo subliñou que as 23 medidas que integran este plan agrúpanse en seis grandes eixos: cohesión territorial, innovación e formación, agricultura sustentable, mellora da competitividade, remuda xeracional e cooperación.


Os eixos de actuación do plan

No eido da cohesión territorial, o plan destinará 72 millóns de euros a fomentar a reordenación das parcelas e impulsar as infraestruturas agrícolas. Así, Feijóo precisou que o Goberno galego actuará en arredor de 650 quilómetros de camiños municipais para mellorar a rede viaria existente no medio rural, facilitar a accesibilidade a predios e explotacións agrarias e forestais, así como a núcleos de poboación. No tocante á reestruturación parcelaria, pecharanse administrativamente os 130 procesos abertos agora  mesmo e que afectan a 92.000 propietarios, o que supón unha reordenación de máis de 117.000 hectáreas.   

Así mesmo, a Xunta traballará na creación dunha Unidade de asesoramento e xestión de explotacións agrarias para aproveitar os activos das explotacións agrarias ou cárnicas que finalicen a súa actividade. Impulsaranse actividades non agrícolas, que fortalezan e diversifiquen a economía rural, seguirá en vigor o programa Leader, e apostarase cadeas curtas de distribución, para impulsar a comercialización dos produtos agrícolas en mercados de proximidade.   

Para a innovación e formación destinaranse máis de 10 millóns de euros, co obxectivo de apostar polo I+D+i como vía de presente e de futuro. Crearanse grupos innovadores que dean solución a problemas concretos nos seus sectores e impulsaranse as súas iniciativas así como os proxectos piloto presentados por empresas, cooperativas e outras entidades.   

O plan contempla tamén a difusión de novas tecnoloxías, métodos de cultivo e técnicas de producións a través de demostracións en explotacións, feiras ou soportes impresos ou electrónicos; cursos de formación continua en materia agropecuaria ou forestal e estadías de ata un mes en explotacións agrarias doutros países da UE (Erasmus agrarios).   

Coa finalidade de acadar unha unha agricultura sustentable, esta iniciativa destinará 35,5 millóns de euros a fomentar a agricultura ecolóxica, premiar prácticas agrícolas máis respectuosas co medio ambiente e apoiar aquelas explotacións situadas en zonas cunha orografía máis complexa.   

Sobre á mellora da competitividade, Feijóo destacou que se destinarán máis de 40 millóns de euros a potenciar as novas tecnoloxías de transformación e comercialización de produtos agrarios, impulsando por exemplo a certificación da calidade; e a investir en tecnoloxías forestais que aumenten a eficiencia, como equipos e instalacións móbiles de procesamento da madeira deseñadas para ser desprazadas ás inmediacións da área de corte.   

Para garantir a remuda xeracional destinaranse 65 millóns de euros para investimentos en explotacións agrícolas e o fomento de creación de empresas para desenvolver pequenas explotacións. E para impulsar a cooperación, o uso de maquinaria en réxime asociativo e a utilización de equipamentos en común, empregaranse sete millóns de euros.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias