El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

ACADADOS NOS ANOS 2015 E 2016

Unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas de alto nivel

23-03-2017 20:30:56

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, renovou hoxe o compromiso co deporte galego e coa alta competición e anunciou unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel acadados nos anos 2015 e 2016.   

Durante a recepción aos campións galegos en competicións internacionais, Feijóo destacou o esforzo, o sacrificio e a entrega de todos eles, valores que, segundo aseverou, “convértenos nunha representación de todo o que os galegos somos e do que todos os galegos aspiramos a conseguir”.   

Así mesmo, tivo palabras de recoñecemento para os adestradores, os equipos técnicos, os clubs e as federacións, “profesionais que, desde a súa experiencia, saben converter as debilidades en fortalezas”; e para as familias, os amigos e os afeccionados, “porque eles vos impulsan en cada salto, en cada lanzamento ou en cada palada. Sempre ao voso carón, sufrindo coas caídas e celebrando os triunfos”.   

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención dándolles os parabéns e pedíndolles que sigan espallando o nome de Galicia polo mundo “co mesmo orgullo que sentistes cada unha das 85 veces que subistes ao podio durante o ano pasado”.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias