El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

A Xunta esquécese das Federacións Deportivas Galegas

01-04-2017 17:22:17

Na xuntanza de presidentes de federacións deportivas galegas, celebrada en Santiago de Compostela o pasado xoves, acordouse confeccionar un escrito para presentar á Secretaría Xeral para o Deporte, Presidencia da Xunta de Galicia e medios de comunicación, reflectando os problemas máis importantes que preocupan ao sector. Entre eles, a situación económica pola que atravesa o deporte galego, tras as baixadas dos últimos sete anos. Polo momento, xa son 34 federacións deportivas galegas que secundan o escrito, estando o prazo aberto todavía para a súa adhesión. Son as seguintes:

Aeronáutica; Atletismo; Bádminton; Baloncesto; Balonmán; Beisbol e Softbol; Boxeo; Caza; Ciclismo; Colombicultura; Colombofilia;Deportes de Orientación; Esgrima; Espeleoloxía; Esquí Náutico; Fútbol Sala; Halterofilia; Judo; Kárate e D.A.; King Boxing; Loita; Patinaxe; Pelota; Pesca e Casting; Piragüismo; Rugby; Salvamento e Socorrismo; Surf; Taekwondoo; Tenis de Mesa; Tiro con Arco; Tiro o Voo; Triatlón e Pentathlón Moderno; Voleibol; Ximnasia.

1.- A evolución dos orzamentos do deporte galego. Nos últimos anos, en concreto dende o 2009, os orzamentos aprobados polo Parlamento de Galicia foron reducindo progresivamente a partida correspondente ao programa “Promoción da actividade deportiva”, no que se inclúen os diferentes capítulos dirixidos ao deporte: federacións galegas; Inef Galicia; Fundación Deporte Galego; Deporte Escolar; axudas a clubes e deportistas galegos de Alto Nivel ou mesmo investimentos, entre outros. 

Previamente, o respaldo presupuestario dos gobernos anteriores áo programa “Promoción da actividade deportiva” foi medrando. No periodo 2003-2008, pasóuse de 24,7 millóns de euros ata 41,9 millóns, o que representa un incremento do 69,36%. Pero foron nas tres últimas lexislaturas cando o descenso dos orzamentos para o deporte galego propiciou graves problemas ao sector. Dende o 2008 ata o 2014 baixou ata o 56,43%, cifra similar ao descenso das federacións deportivas galegas.

Os diferentes axentes do deporte galego, encabezados polas federacións deportivas, amosaron, no seu momento, comprensión e unha enorme sensibilidade polos efectos da crese, entendendo que todos os sectores sociais tiñan que expresar a máxima solidaridade. Pero o límite dos sacrificios posúe tamén data de caducidade. Lamentablemente o deporte galego atópase, inda naPáxina 3 de 5actualidade, ao 45% do respaldo económico que tiña fai xa 9 anos e incluso por debaixo do exercicio 2003.

2.- As funcións públicas delegadas. Pero, a pesares dese dramático descenso nos orzamentos, as federacións deportivas galegas seguiron desenvolvendo ás funcións públicas delegadas e indicadas no artigo 56.4 da Lei 3/2012 do deporte de Galicia. O fixeron con moitos sacrificios, colectivos e persoais,moi por encima da aportación económica que a Xunta de Galicia debería destinar para organizar as actividades encomendadas por ela mesma ás propias federacións, recoñecidas, asemade, de “entidades de utilidade pública” pola propia Lei do deporte.

O relevante descenso dos orzamentos ao deporte galego estivo acompañado por unha demanda burocrática por parte da Administración autonómica ás federacións deportivas galegas. Algunhas chegaron a recibir 2500 euros da subvención anual da Secretaría Xeral para o Deporte. E dicir non poden contratar legalmente a un administrativo co Salario Mínimo Interprofesional, (9.906,40 € /ano) para que poida desenvolver funcións básicas e responder en tempo en forma ás demandas, cada vez, maiores, da Xunta de Galicia.

Cada vez son mais ás federacións deportivas galegas que se plantexan, a través dos seus órganos de goberno, renunciar á subvención da Xunta de Galicia ou mesmo declinar as funcións públicas delegadas, no caso de que a situación se manteña. Por elo é moi urxente recuperar o nivel económico perdido. Certo é que estas funcións públicas deben ser exercidas polas federacións, inda que tamén as podería asumir a propia Administración, segundo o artigo 56.5 da Lei 3/2012 do Deporte de Galica. “nos casos de extinción da federación ou cando ésta teña unha situación concursal”. Pero tamén procede que a Xunta de Galicia “tutele”, non soamente con esixencias burocráticas, senón mesmo coas mínimas aportacións económicas que permitan desenvolver as funcións públicas delegadas. 


Pídese un plan para recuperar os orzamentos perdidos polo deporte galego nas últimas tres lexislaturas

.- Desenvolvemento da Lei 3/2012 do Deporte de Galicia. As Federacións Deportivas de Galicia tamén reclaman dende fai anos un desenvolvemento da actual Lei galega do deporte. Por exemplo, na actuación autonómica enmateria de prevención e de loita contra a dopaxeno deporte, nin tan siquera está constituida naactualidade a Comisión indicada no artigo 130,cinco anos despois da aprobación da Ley. Omesmo pódese indicar sobre a actuación pública na prevención e represión daviolencia e das condutas contrarias á boa orde deportiva, xa que tampuco está nomeada a Comisión Galega de Control da Violencia (artigo 148).

Non ten sentido que a Lei obrigue ás federacións deportivas galegas a aprobar en Asemblea Xeral, e durante o último trimestre do seu exercicio económico, o orzamento correspondente ao seguinte exercicio e remitilo á Administración deportiva no prazo dun mes desde a súa aprobación, cando, todavía fai 10 días que a Xunta de Galicia comunicou ás federacións deportivas a subvención do exercicio 2017.

A propia Lei establece no artigo 12 os beneficios fiscais en aqueles impostos nos que teña capacidade a Comunidade Autónoma para establecer a normativa e promover actividades en concepto de patrocinio ou mecenazgo.


Solicítase un Plan lexislativo que afecte directamente ás federacións deportivas que permita estimular a aportación de fondos da empresa privada, desenvolver mellor as función públicas e colaborar mais eficazmente coa Administración

.-. Ley de Financiación das Federacións Deportivas Galegas. Ao igual que existen Leis de Financiación de Partidos Políticos ou mesmo Leis de Financiación do Transporte Público creemos positivo lexislar sobre una Lei da financiación das Federacións Deportivas Galegas, no que se regularice o custo das funcións públicas delegadas asumidas. Asemade, todas as esixencias administrativas asociadas.


Propoñemos o desenvolvemento da Lei de Financiación das Federacións Deportivas Galegas

.- Convenio co Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Asemade, a Lei indica que “a asistencia sanitaria será prestada, no marco das competicións deportivas oficiais galegas, mediante contratos con entidades privadas oucon convenios con entidades públicas”. As Federacións Galegas propoñen abaratar oscustos cun convenio da Secretaría Xeral para oDeportes co Servizo Galego de Saude (SERGAS) e de que exista una atención primariado Servicio Público de Sanidade aos deportistas galegos. Na actualida está penalizada económicamente a práctica deportiva, cando un dos valores intrínsecos do propio deporte é a adquisicon de hábitos saudables; tamén dunha mellor saude e, consecuentemente, dun menor gasto sanitario.


Solicítase, aparte do convenio co SERGAS, que a Administración deportiva autonómica impulse convenios cos centros de medicina deportiva coa finalidade de colaborar na preparación dos deportistas e no seu progreso.

1.- Actualización dos datos do Rexistro de entidades deportivas de Galicia. Consideramos que tense que actualizar os datos do Rexistro de entidades deportivas de Galicia e, mesmo, a modificación da regulación previa, dando valor real á función social que teñen que desenvolver, evitando que se especule cos beneficios das asociacións deportivas sen ánimo de lucro.

2.- Apoio do goberno galego á UFEDEGA. A Xunta de Galicia, a pesares do recoñecemento que fixo á figura da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) o ano pasado na Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, e que se valorou de forma moi positiva, non concede ningunha subvención a este organismo, ata o día de hoxe, ao contrario que as comunidades autónomas que a teñen recoñecida á similar (Cataluña, Pais Vasco, Andalucía, Madrid, Castella e León… etc). Isto agrava moito mais a situación das federacións deportivas galegas asociadas que atopan nesta figura unha axuda para xestionar temas de interese común e abaratar custos: seguros de accidentes deportivos; responsabilidade civil; auditorías; viaxes; indumentarias… etc. Aparte de supoñer unha ferramenta útil ao propio deporte galego. A Xunta de Galicia non concedeu nin tan siquera un local para á UFEDEGA. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias