El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

IMPARTIDO POR SOGAMA

Éxito do curso en liña sobre xestión en residuos e economía circular

10-04-2017 15:36:08

Da orde de medio centenar de docentes de Educación Primaria, Secundaria e Formación Profesional ao servizo da Xunta de Galicia concluíron con éxito o curso de formación avanzado en liña promovido por Sogama  baixo o título “A xestión dos residuos urbanos na economía circular” e materializado a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Estrutura e contidos

Con 50 lectivas, a actividade formativa deu comezo o pasado mes de febreiro e, ao longo deste tempo, impartíronse, a cargo de dous titores, 10 temas nos que se indagou na problemática derivada da inxente cantidade de lixo producido cada día, situación da xestión dos residuos en España e Europa, o marco normativo de referencia, profundando no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020, o principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), a compostaxe doméstica, a valorización enerxética da fracción non reciclable, o papel da cidadanía e a economía circular como gran concepto e aposta de futuro. 

Tamén se desgranou o proceso de ampliación que Sogama levará a cabo no seu complexo medioambiental, contemplando a posta en marcha dunha planta de clasificación na que se separarán os envases plásticos, latas, briks e papel/cartón, ademais de dar continuidade á segregación do aceiro, o aluminio e o vidro, labor que xa se viña desenvolvendo na actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración combustible, que será remodelada. 

Desta forma, a infraestrutura central de Sogama verá incrementada a súa capacidade nun 81%, pasando das 550.000 toneladas anuais a 1 millón, circunstancia que lle permitirá tratar, en condicións óptimas, todos os residuos urbanos xerados en Galicia, á vez que reforzará a súa achega á reciclaxe en 120.000 toneladas anuais, cuadriplicando as cifras actuais, e minimizará o uso do vertedoiro, sendo a súa pretensión chegar ao vertido técnico cero, é dicir, que verta únicamente aquela parte do lixo que non se pode reciclar nin valorizar material ou enerxeticamente.


Avaliación

Para obter a condición de apto neste curso, os profesores deberon superar os test asociados a cada tema e desenvolver unha actividade específica sobre economía circular. 

A fin de complementar coñecementos e intercambiar experiencias, o curso contou cun foro específico no que os titores fixéronse eco de diversas cuestións de actualidade a fin de xerar opinión e debate. 

Na cualificación final, cobra preso a aportación dunha actividades práctica sobre economía circular, toda vez que esta concíbese como novo modelo de desenvolvemento no que cobra especial protagonismo a reutilización e a reciclaxe, considerando os residuos como elementos de utilidade dados os escasos e limitados recursos naturais, insuficientes para satisfacer as demandas dunha poboación mundial en constante crecemento. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias