El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Rede Cultural da Deputación moverá este ano case tres millóns de euros

12-04-2017 09:26:14
Goretti Sanmartín Rei (I).

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina 1.329,602,12 € á programación dos concellos e 457.724 á de  entidades a través dunha Rede Cultural que supón un importante balón de osíxeno para o sector das artes escénicas e musicais ao mover arredor de tres millóns de euros para a realización de actividades culturais na provincia da Coruña. 

A Rede Cultural alcanza unha singular dimensión nesta nova edición en que a Deputación da Coruña concede todas as actuacións e propostas culturais solicitadas polos concellos. As cifras totais publícanse este mércores, día 12 de abril, no BOP na resolución da primeira fase de adxudicación destinada aos concellos. Neste apartado, a área de Cultura da Deputación da Coruña compromete 1.329.602,12 € para os concellos, unha cantidade que se incrementará cos 457.724 € que se sumarán coas propostas solicitadas polas entidades que se presentaron na Rede. 

Nos últimos dous anos incrementouse notablemente a cantidade investida pola Deputación da Coruña neste potente motor de dinamización económica e cultural pasando dos 995.290,68 € do ano 2015 a case o dobre nesta anualidade. 

En total, serán 1.787.326,12 os euros que a área de Cultura da Deputación da Coruña investirá na súa Rede Cultural, un circuíto que este ano moverá, segundo os cálculos que se manexan co incremento das achegas correspondentes a concellos e entidades, un total de 2.894.905,45 euros. No programa, ademais, a Deputación da Coruña garante o pagamento por parte dos concellos e entidades a grupos e compañías que participan na súa Rede. 

“A Rede Cultural vertebra culturalmente os concellos da provincia ofrecendo a posibilidade de que concellos pequenos e medianos poidan desenvolver espectáculos actuais e de altísima calidade. Supón máis un paso no deseño dunha política cultural que achegue á veciñanza a vangarda creativa no noso país”, explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.  “Significa tamén unha importante activación económica para un sector como o cultural especialmente necesitado de apoio que faga posíbel a súa viabilidade e garanta o seu futuro”, engadiu Goretti Sanmartín Rei, que destacou a gran relevancia para as empresas e persoas que traballan no sector cultural xa que se moven, a través deste programa, case tres millóns de euros nesta anualidade. 

A resolución pola que se aproba a adxudicación aos concellos da provincia dos espectáculos correspondentes ao programa Rede Cultural 2017. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias