El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA

Cultura convoca máis de 71.000 euros en axudas para mellorar os arquivos

15-04-2017 16:07:28

A Secretaría Xeral de Cultura convoca 77.740 euros en axudas para 2017 destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso da cidadanía aos documentos. Concretamente, a finalidade desta liña de subvencións é a realización de actividades de descrición de fondos documentais dos arquivos galegos, para favorecer a protección, a conservación e a difusión do patrimonio documental galego.   

Ata o vindeiro 12 de maio poden solicitar estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia.   A Consellería de Cultura e Educación poderá financiar ata un 80% do custo do proxecto, cunha axuda máxima de 5.000 euros. Este importe ascenderá a 7.000 euros cando se trate de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local.   

Os proxectos que se presenten á convocatoria de axudas deberán seguir as recomendacións técnicas de arquivos dispoñibles no portal arquivosdegalicia.xunta.gal. Ademais, o responsable técnico do proxecto será licenciado universitario, ou equivalente, e deberá acreditar formación e experiencia profesional en materia de arquivos e patrimonio documental.   

A Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen a nova convocatoria destas axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos pode consultarse no ‘Diario Oficial de Galicia’, no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170411/AnuncioG0164-280317-0001_gl.html   

A convocatoria destas subvencións enmárcase nas liñas de actuación que vén desenvolvendo a Consellería de Cultura e Educación para favorecer que os arquivos realicen axeitadamente as súas funcións e que a cidadanía teña acceso á información contida nos documentos, para o que é preciso que estean dotados da infraestrutura e equipamento adecuado, que os seus fondos documentais estean organizados, en bo estado físico e mesmo reproducidos noutros soportes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias