El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Aberto o prazo para que as ANPAS de centros de educación especial soliciten axudas para financiar as súas actividades

19-04-2017 10:28:50

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar as axudas para financiar actividades das confederacións e federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para este ano.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas dotada cunha partida de 73.666 euros (pode consultarse neste enlace web). O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións.

As entidades interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 19 de maio para facer a correspondente solicitude, que deberá presentarse unicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e xuntar toda a documentación que se require.A Consellería de Cultura e Educación consolida a contía para tal fin, logo de que en 2015 -en aras dunha mellor atención ao alumnado con necesidades educativas específicas- a incrementara nun 40 por cento con respecto a exercicios anteriores.

Na convocatoria de 2016 resultaron beneficiadas un total de 34 entidades que aglutinan a confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de Educación Especial censados na Consellería. Neses casos, os importes das axudas oscilaron entre os 910 e os 9.831 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias