El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

A Xunta vai elaborar un proceso asistencial integrado para os pacientes con esclerose lateral amiotrófica

19-04-2017 15:45:42
Vázquez Almuiña (C) e José Manuel Rey Varela.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, con representantes da Fundación Francisco Luzón- Unidos contra la ELA, creada para axudar a mellorar a vida dos pacientes de Esclerose Lateral Amiotrófica e impulsar a investigación desta enfermidade.

Na xuntanza, na que tamén estivo presente o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; e o subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial, Alfonso Alonso Fachado, acordouse traballar nun acordo marco de colaboración para a realización dun proceso asistencial integrado destinado á atención dos pacientes con ELA, así como para o fomento da investigación, difusión e mellora asistencial das persoas que padecen esta enfermidade.

En representación da Fundación Francisco Luzón asistiron á xuntanza May Escobar, directora de Relacións Sociosanitarias; e Domarís Domínguez, coordinadora de asociacións.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias