El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

EN 40 CONCELLOS

A Deputación da Coruña bota a andar a campaña "Quen dixo medo?" contra a violencia machista

19-04-2017 15:54:38
Presentado a campaña “Quen dixo medo?”.

Corenta concellos da Coruña participarán na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que promove a área de Igualdade da Deputación da Coruña. “O medo paraliza e nós queremos que as mulleres teñan ferramentas para vencelo”, dixo a deputada Ánxela Franco na presentación da nova iniciativa.

“Quen dixo medo?” é o título da campaña que a área de Igualdade da Deputación da Coruña desenvolverá durante este ano 2017 e o vindeiro 2018 para sensibilizar contra a violencia de xénero. A deputada responsábel da área, Ánxela Franco, presentou a iniciativa explicando que é preciso “vencermos ese medo que paraliza e que nos impide responder con contundencia contra o terrorismo machista”.

A deputada afirmou que, desde a área de Igualdade da Deputación, “non se aforrarán esforzos para loitar contra a violencia de xénero”, e, nese sentido, impulsa esta nova campaña que se dirixirá a corenta concellos da provincia e se prolongará ao longo de dous anos co obxectivo de sensibilizar á sociedade, desmontar mitos e estereotipos en torno á violencia e visibilizala ademais de fomentar o cambio de crenzas e actitudes e dotar á poboación e mecanismos, coñecementos e habilidades para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero.

A campaña diríxese especialmente á poboación infantil e xuvenil mais tamén hai liñas de actuación dirixida á xente adulta tendo como obxectivo acadar ás 6.000 persoas participantes. “A formación é a mellor ferramenta para rematar con estes grandes medos e eliminar a violencia de xénero”, defende Ánxela Franco e, por iso, a campaña nútrese de maneira especial de accións informativas e formativas, con atención á idade infantil e adolescencia.

“Unha das liñas de traballo é a de sensibilización con adolescentes en relación coas novas tecnoloxías. Detéctase un problema grave no ensino secundario e ese é un dos obxectivos desta campaña”, sinalou Xosé Ares, técnico do programa “Quen dixo medo?”.

A técnica de Igualdade, Eva Ovenza, lembrou que a Deputación da Coruña está a traballar tamén nun programa socioeducativo con adolescentes a través do que se evidencia, entre outras cousas, que neses idades non se está a identificar a violencia de xénero á marxe do maltrato físico. “Indícanos que temos que seguir a traballar neste tramo de idade mais tamén é necesario implicar as familias e por iso este programa diríxese a toda a poboación”, explicou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias