El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

TURISMO DE GALICIA

A Xunta destaca a importancia da gastronomía na consolidación de Galicia como destino turístico

20-04-2017 17:06:56
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda (2º I).

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel relevante que ocupa a gastronomía tradicional na consolidación de Galicia como destino turístico. Neste sentido, salientou que a cociña galega constitúe a segunda razón, despois da natureza, pola que os turistas visitan a comunidade autónoma.

Así o explicou hoxe durante a súa participación no acto de entrega do XV Premio nacional de gastronomía tradicional 'Lola Torres', impulsado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia e o concello do Grove. Ao acto tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O Goberno galego está a impulsar diversas iniciativas co obxectivo de promover e poñer en valor a cociña galega. Entre outras, cabe destacar que a gastronomía é unha das principais liñas de traballo na nova Estratexia turística de Galicia, coa intención de que se converta nun dos elementos tractores que permitan alongar as temporadas do sector turístico galego; ou a creación da figura do Comendador da Gastronomía de Galicia, unha distinción honorífica anual que se outorgará este ano por vez primeira a todo aquel que contribúe a promoción do turismo na comunidade a través dos produtos alimentarios e da cociña.

Xa para rematar, o vicepresidente da Xunta felicitou ao gañador do premio desta edición, Lucio Blázquez, do que eloxiou o seu traballo e dedicación á cociña española.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias