El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio en Boiro e outro en Redondela

21-04-2017 15:29:46

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dunha muller como presunta autora dun incendio no concello coruñés de Boiro, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes forestais do distrito forestal IV-Barbanza.

A Policía Autonómica de Santiago identificou unha muller como presunta autora dun lume ocorrido o 10 de abril, na parroquia de Cures, e que afectou unha superficie rasa de 0,1 hectáreas. O lume produciuse pola realización de labores de limpeza de restos agrícolas nunha finca, sen adoptar as debidas precaucións. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Ribeira.

Por outra banda, a Policía Autonómica e Vigo tamén informou da investigación dun varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o 10 de abril, no luar de Vilavella, no concello de Redondela. O investigado estaba realizando tamén labores de limpeza de restos forestais sen adoptar as precaucións regulamentarias. O lume afectou unha superficie arborada de 0,01 hectáreas. Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao xulgado de instrución número 1 de Redondela. No que vai de ano son 31 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias