El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

TURISMO DE GALICIA

A cidade polaca de Bialystoc acolle unha presentación da oferta turística galega

21-04-2017 12:59:40

A cidade polaca de Bialystoc acolle hoxe un acto de presentación da oferta turística galega, no que Turismo de Galicia dará a coñecer os recursos e os servizos turísticos galegos.

Esta presentación está incluída nas actividades da Semana Cultural de España en Bialystoc, na que o departamento de Turismo da Xunta, ademais de presentar a oferta turística galega, ofrecerá a actuación da cantante e arpista galega Marta Quintana e o seu grupo. Turismo de Galicia mostrará a oferta galega a través dun documento audiovisual no que se fai fincapé nos recursos turísticos relacionados coa natureza, a cultura e a gastronomía.


Mercado polaco

O mercado polaco está a rexistrar unha tendencia de crecemento importante nos últimos tempos.No pasado ano 2016 superou nun 6,2% o nivel de demanda acadado no 2015 rexistrando máis de 24.000 viaxeiros aloxados e 32.000 pernoitas.

Polo que respecta ao Camiño de Santiago, o ano pasado, un total de 3.919 peregrinos realizaron a Ruta xacobea, un 3,5% máis que en 2015, situándose no duodécimo país estranxeiro que más peregrinos achegou neste período.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias