El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Feijóo chama a transformar a Coruña paralizada de Podemos nunha "Coruña imparable"

21-04-2017 22:07:12
Congreso da Coruña.

A Coruña.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, chamou hoxe a transformar a Coruña paralizada polo goberno municipal das Mareas de Podemos nunha “Coruña imparable”.   

Así se expresou o líder dos populares galegos na clausura do Congreso local do PP coruñés, onde estivo acompañado pola presidenta electa, Beatriz Mato, e polo presidente provincial, Diego Calvo. Como alí recoñeceu, se miramos cara atrás, vemos que esa cidade é hoxe moi diferente á que prometeron os populistas fai dous anos.   

Nese senso, Feijóo lembrou que dentro doutros dous anos, os coruñeses poderán volver votar tendo dun lado a “Coruña anestesiada” que vemos actualmente no Concello e, do outro, un Partido Popular que responde a ao que quere “a Coruña real”: unha cidade activa, viva, puxante, ilusionante e en forma.


A Coruña merece más 

 “Estou plenamente convencido de que A Coruña merece máis”, asegurou o presidente engadindo que merece compromiso co crecemento e co emprego, que se trate con respecto aos seus símbolos a nivel internacional e que precisa dun proxecto de sentido común, pensado para todos os coruñeses.   

Tal e como apuntou, onde hoxe hai falta de ideas, confrontación, inactividade e parálise, os populares teñen que poñer experiencia, ilusión, propostas para a maioría, dinamismo e vitalidade. “Temos que ser capaces de traer de novo a esta cidade o proxecto que se merece”, subliñou.


A  enerxía de Beatriz Mato  

 “Escollestes á mellor corredora para esta carreira de fondo: Beatriz Mato”, dicía Feijóo durante a súa intervención. “Bea é pura enerxía, e iso é o que A Coruña necesita”, remarcou.   

Como lembrou, hai oito anos, decidiu poñer esa enerxía ao servizo de Galicia ofrecéndolle ser conselleira no seu primeiro Goberno. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria á fronte da Consellería de Traballo e Benestar nuns anos moi complicados e no departamento de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para sacar adiante unha histórica Lei do solo e o seu regulamento e para contribuír a unha Galicia máis verde e sustentable.   

De igual modo, asegurou que Mato “será tamén a enerxía indispensable no Partido Popular da Coruña” e que durante os vindeiros dous anos, será necesario que “Bea e todos vós derrochedes enerxía para conseguir unha cidade mellor”.


Tres claves para o futuro

Segundo o líder dos populares galegos, o partido necesita reunir tamén outras tres características: estar unido, ser integrador e ser optimista. Feijóo salientou así que na construción dunha alternativa de Goberno non sobra ninguén. “Hoxe pechamos democraticamente o debate entre dous proxectos de partido e abrimos democraticamente a defensa dun único proxecto de cidade”, engadiu.   

Así mesmo, remarcou que a formación ten que ser integradora porque “na Coruña hai moitas persoas que comparten a nosa idea de cidade, pero que non son do Partido Popular”, e, xa por último, apuntou que deben ser optimistas “porque escoitando e propoñendo faremos realidade o noso obxectivo”. “Non me cabe ningunha dúbida de que o que foi posible en Galicia tamén poderá selo na Coruña”, concluíu. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias