El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

EN BETANZOS

A Deputación reúne por primeira vez aos 18 concellos do Camiño Inglés

23-04-2017 11:24:29
Feira “Primavera no Camiño Inglés”.

Betanzos.- O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, inaugurou  hoxe en Betanzos a feira “Primavera no Camiño Inglés”, coa que a institución provincial promociona esta ruta xacobea e os municipios polos que discorre. O evento contou tamén coa presenza do alcalde de Betanzos, Ramón García, o delegado provincial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, e varios do rexedores dos municipios polos que pasa o Camiño Inglés. 

“Trátase da primeira vez que se reúnen os 18 concellos do Camiño Inglés”, destacou Formoso e engadiu que “esta reunión pon de manifesto o esforzo conxunto que estamos a desenvolver para impulsar o Camiño Inglés, construido polas pisadas dos camiñantes durante séculos, que contrubuiron a forxar a identidade única dos nosos concellos e a desenvolver un tipo de turismo sostible que axuda a dinamizar as economías locais e a pór en valor lugares únicos coma as Fragas do Eume, o río Mandeo ou as Mariñas betanceiras”.


Betanzos como “gran escaparate” do Camiño

O presidente provincial indicou que a feira constitúe “un gran escaparate desta ruta xacobea, aínda descoñecida para moitos, pero pola que a Deputación está a apostar fortemente” e remarcou que “o Camiño Inglés, que foi unha das portas de entrada a Galicia máis importantes, hoxe pode volver a ser a base de diferentes actividades económicas como poden ser a hostalaría, a restauración ou o turismo”. 

Neste sentido, González Formoso subliñou as diferentes accións levadas a cabo pola Deputación da Coruña “en favor deste importante recurso turístico”, coma a eliminación de barreiras arquitectónicas nos albergues, a elaboración dun catalogo do patrimonio natural ou a realización de actividades de sensibilización e recuperación do medio ambiente. Así mesmo, o Camiño Inglés tamén foi a temática do posto co que a institución provincial participou en Feria Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en xaneiro deste ano en Madrid. 

Asemade, Valentín González Formoso afirmou que o Camiño Inglés tamén constitúe un “fío condutor co que estamos tecendo redes e lazos de cooperación e creando unha canle de intercambios culturais, gastronómicos e etnolóxicos co Reino Unido”, coma as primeiras peregrinacións realizadas este ano desde a abadía de Finchale, considerada o “quilómetro cero” da ruta xacobea.


Gastronomía, música e artesanía

A Deputación da Coruña puxo a disposición dos concellos polos que pasa o Camiño Inglés (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago) dúas grandes carpas de máis de 160 metros cadrados onde se volveron diversas actividades para dar a coñecer a variada oferta turística, cultural e gastronómica de cada un dos municipio polos que pasa o Camiño Inglés. 

Ao longo da xornada desenvolvéronse showcookings e degustacións de produtos típicos como a tortilla de Betanzos, as troitas de Oroso, o pan de Carral, a empanada de Neda, o queique de Ordes, a proia de Pontedeume ou o viño Branco Lexítimo da comarca de Betanzos. Xeados, pementos, e outros produtos típicos formaron parte da oferta gastronómica ofrecida pola Deputación na cidade dos Cabeleiros. 

Actuacións de música tradiciona e mostras de artesanía en vivo, como a protagonizada polas fiandeiras de Cabanas ou os ourives composteláns completaron o programa do evento “Primavera no Camiño Inglés”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias