El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Feijóo apoiará o sector pesqueiro na Feira de Bruxelas

23-04-2017 11:49:02
Núñez Feijóo, en Bruselas.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, apoiará o sector marítimo pesqueiro galego na feira Seafood de Bruxelas, que se celebrará na capital belga a próxima semana, desde o 25 ata o 27 de abril.   Feijóo viaxará mañá luns á capital comunitaria, onde permanecerá ata o martes e manterá reunións co comisario de Enerxía e Clima, Miguel Arias Cañete, e co comisario de Investigación, Ciencia e Innovación, Carlos Moedas, entre outros.    

O martes 25 de abril, o responsable do Executivo galego e a conselleira do Mar, Rosa Quintan, reuniranse pola mañá co director xeral de Asuntos marítimos e pesqueiros da Comisión Europea, Joâo Aguiar Machado. E posteriormente, visitarán a feira Seafood de Bruxelas, onde realizarán un percorrido polos expositores das empresas galegas.  Cómpre salientar que a Seadfood é unha feira anual de referencia a nivel internacional, como demostran os datos da pasada edición, na cal se deron cita máis de 26.000 profesionais do sector, procedentes de máis de 140 países, para promover os seus produtos, equipos de procesamento e servizos.    

Con esta viaxe, o presidente da Xunta dará continuidade ás relacións bilaterais que Galicia vén mantendo cos responsables europeos de asuntos prioritarios para a nosa Comunidade.    

Así, Feijóo abordará, entre outros asuntos, o papel estratéxico de Galicia en áreas como a pesca, e os principais retos de futuro aos que se enfronta o sector como consecuencia do Brexit; ou o posicionamento de Galicia sobre o futuro da PAC. En materia de medio ambiente, trasladará a aposta da Comunidade polas enerxías renovables e, no eido do emprendemento incidirá no papel que a I+D+i está a ter como motor de impulso do tecido económico e industrial galego.     





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias