El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

Medio Ambiente avanza na tramitación do observatorio de ríos

10-05-2017 22:47:51
Beatriz Mato.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asegurou hoxe que o seu departamento avanza na tramitación do futuro Observatorio de Ríos, que permitirá coñecer e ponderar os valores dos ríos galegos, que suman unha extensión de 32.000 quilómetros, e son un dos elementos máis significativos da paisaxe galega.

Beatriz Mato indicou no Parlamento de Galicia que se trata dunha iniciativa pioneira, que xa foi comprometida polo Presidente da Xunta no Debate de investidura, e que terá entre as súas funcións: asesorar sobre o estado ambiental económico-social e cultural, elaborar informes e estudos, nos que se recollerán as políticas autonómicas para a promoción e valorización dos ríos, co fin de difundir a súa importancia e promover boas prácticas na interacción da cidadanía cara a eles.

Así, o Observatorio actuará como foro de encontro interdisciplinar entre organismos públicos e a sociedade civil e do coñecemento, polo que esta colaboración permitirá coñecer como se merecen todos os valores que teñen os ríos galegos.

A conselleira indicou que a situación actual dos ríos fai necesario abordar a súa xestión dun modo transversal e multidisciplinar, para o que é necesario contar con información periódica e pormenorizada sobre o estado dos ríos. A base sobre a que xirará este observatorio son os coñecementos e experiencias adquiridas nos últimos anos polo Goberno galego, que brindan unha visión máis global sobre a situación dos ríos da nosa comunidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias