El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Nacional

Eva Solla lidera a única lista que concorre á asemblea nacional de EU

11-05-2017 19:29:02
Rubén Pérez e Eva Solla.

Rubén Pérez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional e secretario de Organización de Esquerda Unida xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida presentaron hoxe o punto do proceso asembleario no que se atopan camiño á XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida. Eva Solla presentouse como candidata á coordinación de Esquerda Unida por medio do documento “Unha Esquerda Unida para a Unidade Popular”. 

Rubén Pérez presentou un proceso aberto aínda aberto, “un camiño no que prima a participación e que está no punto dunha fase que culmina coas asembleas por todo o territorio galego, lugares onde se elixirán os delegados e delegadas que conformarán o groso da nosa Asemblea Nacional, 250 delegadas e delegados e uns 50 simpatizantes que participarán na XII Asemblea Nacional”. 

“Dentro do proceso asembleario, estamos na fase onde se presenta a candidatura para os órganos de dirección de Esquerda Unida. Neste punto, recibimos unha candidatura que cubre todos os requisitos de calidade, reúne os avais necesarios e está encabezada por Eva Solla, co documento: “Unha Esquerda Unida para a Unidade Popular”. Segundo indican as normas aprobadas da XII Asemblea, esta candidatura se poderá votar a través da web Eslahora, onde están todos os documentos e a lista. Agora tamén estamos a preparar unha APP para que sexa máis sinxelo participar.   

Rubén Pérez deu paso a Eva Solla, candidata á coordinación co documento de elaboración colectiva: Unha EU para a Unidade Popular, “un documento que representa a visión do camiño iniciado na senda da unidade”. “Queremos que se debata sobre a unidade popular actual, que se fale da necesidade de abrir un debate sobre a nosa presenza no proceso. Ademais, trataremos a perda de dereitos sociais actuais, ou a perda da capacidade adquisitiva das traballadoras e  traballadores, así como moitos outros temas sociais e económicos que creo que deben centrar a actividade de Esquerda Unida nestes vindeiros catro anos”. 

Eva Solla sinalou que afronta moi contenta e con ilusión a XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, que terá lugar este vindeiro 3 de xuño en Compostela co lema “A Forza das Ideas” e se celebrará no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía. Departamento de comunicación 





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias