El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

MIÑO

Ethel Vázquez visitou as obras acometidas na Galea e na rúa Real

16-05-2017 18:52:54
Ethel Vázquez , en Miño.

Miño.- A conselleira de Infraestructuras da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, desprazouse hoxe a Miño para visitar as obras que o governo local acometeu na zona da Galea. A representante do executivo autonómico foi recibida na entrada da casa consistorial polo alcalde Ricardo Sánchez e por outros membros do equipo municipal de governo.          

As obras xa acometidas na Galea e na rúa Real, que hoxe visitou a conselleira de Infraestructuras, tiñan como obxectivo fundamental mellora-la accesibilidade e a conexión peatonal entre as duas rúas.          

Na rúa Galea levouse a cabo a modificación das aceras para aumentar o ancho das mesmas e, por outra banda, tamén se procedeu á modificación do pavimento, á mellora da iluminación pública e á ordenación do aparcamento. Polo que respecta á rúa Real, nela reforzouse a pavimentación das zonas de roderas de vehículos


Viveiro de empresas

No transcurso da visita que a conselleira Ethel Vázquez efectuou ó municipio, o alcalde Ricardo Sánchez aproveitou a ocasión para entregarlle unha copia do proxecto do viveiro de empresas que o governo local proxecta na antigua escola de Gallamonde. O obxectivo, segundo sinalou o alcalde, é impulsar o emprendemento local.          

A proposta contempla a posibilidade de destinar a pranta baixa a empresas do sector primario, que aportan valor engadido ás súas produccións; e  montar nas dúas prantas superiores un centro de coworking e un viveiro de empresas enfocadas ás novas tecnoloxías e ó sector servizos. O alcalde sinalou que con este proxecto “queremos impulsar a economía local e de proximidade, e tamén contribuir a crear emprego”. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias