El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MEDIO AMBIENTE

Beatriz Mato recorda que o mellor residuo é aquel que non se produce

17-05-2017 19:28:30
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

Abegondo (A Coruña).- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asegurou hoxe que o mellor residuo é aquel que non se produce, polo que invitou ao conxunto da sociedade á concienciarse da necesidade de producir menos refugallos e, no caso de producilos, reciclalos sempre.

Así o puxo de manifesto esta mañá durante a súa participación nunha das accións da campaña autonómica Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor, que esta mañá visitou a Cidade Deportiva do Deportivo da Coruña, con motivo do Día Mundial da Reciclaxe.

A conselleira enumerou unha serie de accións e xestos sinxelos que poden axudar a coidar o planeta, como reutilizar papel, pois cunha tonelada de papel recuperado evitase a tala de 24 árbores adultas; reciclar unha botella de plástico aforra a enerxía necesaria para manter unha lámpada acesa durante 6 horas, pola contra, tarda 450 anos en descompoñerse na natureza; ao igual que as latas, que tardan entre 250 e 500 anos en descompoñerse, mentres que unha soa lata pode facer funcionar un televisor durante 3 horas.

Tamén recordou que para facer desaparecer unha botella de vidro son necesarios máis de 5.000 anos se non se recicla, pola contra permite aforrar enerxía para manter acendida unha lámpada durante catro horas.A conselleira de Medio Ambiente insistiu en que estamos ante acción sinxelas e que se poden materializar e realizar no día a día de xeito individual por grandes e pequenos, polo que “hoxe máis que nunca é evidente que o futuro do planeta está nas nosas mans”, e engadiu que o coidado do medio ambiente é unha cadea entre xeracións.

Neste eido, a conselleira apostou por "abandonar o sistema lineal de fabricar-usar e tirar" para transitar cara a un modelo circular no que se priorice o máximo aproveitamento dos produtos. Isto, dixo, constitúe unha prioridade para o Goberno galego, e en concreto para esta Consellería, pola imposibilidade de contar con recursos naturais suficientes cos que satisfacer as demandas dunha poboación mundial en continuo crecemento.


O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, gañador

A conselleira de Medio Ambiente tamén avanzou que o xurado xa fallou o concurso ao mellor video-proxecto sobre a separación de residuos e reciclaxe, convocado no marco da campaña Separemos ben, reciclaremos mellor, a favor do centro de ensimo Manuela Rial Mouzo, do Concello de Cee.

A peza galardonada, que leva por título “Eu reciclo, e ti?”, consegue enmarcar nas imaxes seleccionadas a filosofía do concurso, deténdose en concretar e identificar o que debe e non debe ser depositado no contedor amarelo (latas, briks e envases de plástico –nunca envases que non sexan envases nin envoltorios-) e contedor azul (envases de cartón e papel –nunca papeis nin cartóns plastificados, sucios, con restos de graxa e con elementos accesorios tales como arames, grampas e argolas).

O xurado valorou que, dunha forma fresca, moderna, didáctica, amena e divertida, ponse de relevo a necesidade de apostar firmemente pola reciclaxe como medida prioritaria para salvar ao mundo da contaminación, representando unha oportunidade para gozar dunha contorna máis limpa e saudable.

O centro educativo recibirá un vale canxeable por importe de 800 euros para material didáctico e escolar, mentres que a autora do vídeo galardoado será obsequiada con entradas para o Parque Acuático de Cerceda (A Coruña) ou para o Parque Zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei (Lugo).


Separemos ben, reciclaremos mellor

A conselleira de Medio Ambiente recordou que hai case un ano o departamento que dirixe puxo en marcha a campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor. Trátase dunha iniciativa, en colaboración con Sogama e Ecoembes, que ofrece diversas actividades lúdico-didácticas a través das cales persoal especializado forma e informa ao público sobre a correcta separación dos residuos domésticos e os hábitos e comportamentos que poden adoptar para incrementar as taxas de reciclaxe, prolongar a vida útil dos produtos e fomentar a economía circular.

Dende a súa posta en marcha, esta iniciativa xa ten achegado a máis de 70.000 persoas grazas a case 1.700 accións, percorreu 138 concellos, case 200 centros educativos e tamén centros comerciais, así como eventos deportivos, como o visitado hoxe.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias