El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta promove un programa para combater a violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes

18-05-2017 19:40:51

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, deu conta hoxe en comisión parlamentaria da fase na que se atopa actualmente o proxecto europeo Draw the line (debuxa a liña), que ten como obxectivo previr e combater a violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes.

O principal obxectivo desta iniciativa é formar a mulleres inmigrantes que viven en Galicia para axudar a entender e combater a violencia de xénero. Deste xeito, trabállase con elas para que se convertan en líderes das súas comunidades e poidan exercer así un efecto multiplicador á hora de sensibilizar e tomar conciencia sobre o acoso sexual e a violencia.

Actualmente, en Galicia hai oito mulleres que están exercendo este rol. Para organizar este traballo, téñense constituído catro grupos étnicos ou lingüísticos con mulleres procedentes de América latina, Brasil, Senegal e Romanía. Deste xeito, grazas á etnia, idioma ou cultura en común as mulleres líderes poden lograr unha perspectiva do problema máis próxima e establecer unha relación de maior confianza.

Entre as actividades do proxecto destacan os obradoiros formativos e informativos nas principais cidades galegas, e a través dos que se prevé chegar a 150 mulleres. No marco da iniciativa tamén se traballa para fortalecer ás líderes das comunidades; prepárase un plan de estudos para a o persoal técnico de servizos sociais para que axuden a estas mulleres a tomar medidas activas contra a aparición de casos de acoso sexual; e facilítase que formen grupos de autoaxuda.

O proxecto estase a levar a cabo, ademais, coa colaboración da Rede galega contra a trata e inclúe na súa planificación a celebración de catro encontros multinacionais para compartir boas prácticas. Xa se celebraron dúas xuntanzas destas características: a primeira en Londres (Reino Unido), e a segunda en Sofía (Bulgaria) hai uns días.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias