El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

22 E 23 DE MAIO

Turismo de Galicia organiza o II Foro Gastronómico

18-05-2017 20:20:18

Turismo de Galicia organiza por segundo ano consecutivo o Foro Gastronómico Turismo de Galicia, #GastroForum, que nesta edición se celebrará os vindeiros 22 e 23 de maio no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

O encontro acollerá obradoiros de cociña e debates sobre gastronomía vista desde a perspectiva da sustentabilidade, da solidariedade e da saúde. Nel afondarase en iniciativas de sustentabilidade en restauración incluíndo obradoiros prácticos nos que se reivindicarán as especies pouco coñecidas en gastronomía.

O Foro Gastronómico de Turismo de Galicia tamén incidirá na gastronomía integradora, con relatorios centrados na atención a persoas con discapacidade e un obradoiro sobre texturización en centros residenciais. Ademais, daranse as claves para aprender a reducir os desperdicios en cociña ou os diferentes procedementos para a elaboración de menús en base ás recomendacións da dieta atlántica, entre outros temas.


Cociñeiros galegos

O foro reunirá aos cociñeiros Roberto Filgueira (O Balado), Iván Domínguez (Alborada), Rafael Centeno (Maruja Limón), Alberto González (Silabario), Quique Piñeiro (A Horta do Obradoiro) e Luis Veira (Árbore da Veira), que impartirán obradoiros e participarán nalgúns dos debates.

Tamén participarán expertos en sustentabilidade e nutrición, así como representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Cruz Vermella ou Lonxanet. O prazo de inscrición para participar neste II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia está aberto na páxina web do CSHG.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias