El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Máis de 14.000 persoas inscribíronse nas oposicións da Consellería de Cultura e Educación

19-05-2017 10:58:35

Un total de 14.449 persoas constan como inscritas nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As probas, de acordo coa planificación de convocatorias anteriores, comezarán o vindeiro 24 de xuño, de tal forma que as persoas que se incorporen á función docente poidan facelo xa para inicio do curso 2017/18.

Do total dos inscritos, 7467 fixérono nas especialidade de mestre e outros 6113 nas de ensino secundario. Nas especialidades de profesores técnicos de FP inscribíronse 823 persoas, e nas de música e artes escénicas outras 46.  Ver especialidades





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias