El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

MIÑO

Ricardo Sánchez mantivo en Santiago unha xuntanza co presidente da Fegamp

19-05-2017 19:02:35
Ricardo Sánchez (I) e Alfredo García.

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, mantivo hoxe unha xuntanza, en Santiago, co presidente da Fegamp, Alfredo García, nun paso máis por recabar apoios públicos que secunden un obxectivo prioritario: lograr que o Estado amplíe de dez a trinta anos o pago da débeda de Fadesa. Nela fíxolle entrega ó presidente da Fegamp dunha carpeta que contén toda a información relacionada con este asunto.          

No transcurso do encontro, o presidente do organismo comprometeuse a facer o posible para que o secretario de Estado de Facenda, José Enrique Fernández de Moya, acceda a manter unha xuntanza co rexidor municipal na que se aborde a posibilidade de amplia-lo prazo de amortización.          

Ricardo Sánchez, insistíu en que “é fundamental que os poderes públicos se comprometan e contribúan, na medida das súas posibilidades, a apoiar unha iniciativa que é a mellor posible para o noso municipio e os nosos veciños, para evitar de este modo que sexan estos quenes asuman directamente esta factura cunha desmesurada subida do IBI ou unha disminución na calidade dos servicios municipais”.         

Pola súa banda, o presidente da Fegamp mostrou a súa disposición a colaborar co Concello en todo o que sexa posible en este sentido. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias