El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

150 axudas para que os universitarios melloren idiomas no estranxeiro

21-05-2017 16:15:39

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a proposta de resolución das axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país, a través da que se conceden un total de 150 bolsas. O departamento educativo da Xunta de Galicia destina a esta convocatoria un orzamento de 135.000 euros.

As bolsas, que terán unha contía máxima de 900 euros por beneficiario, teñen como obxectivo facilitar a igualdade de oportunidades de todo o estudantado para acadar a excelencia, así como estimular a mobilidade dos universitarios galegos. Cómpre lembrar, neste sentido, que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a capacidade de estudo e traballo.

Por universidades, 61 beneficiarios estudan na Universidade de Santiago de Compostela, 37 na Universidade da Coruña e 52 na Universidade de Vigo. Os países de destino polo que maioritariamente optaron para ir a cursar un curso de idiomas foron Malta (46), Irlanda (34), Reino Unido (34), Alemaña (14), Francia (11), Italia (6), Portugal (4) e Bélxica (1).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias