El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

LUGO

Presentado a XII edición da Feira da Empanada das Nogais

22-05-2017 19:55:10
XII edición da Feira da Empanada das Nogais.

Lugo.- A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XII edición da Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares que se celebrará esta fin de semana no concello das Nogais. Na presentación participaron o alcalde do municipio, Jesús Manuel Núñez; o representante da Asociación de Empresarios da localidade, Gonzalo Trobo; o tenente alcalde, Fernando Rodríguez, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión.

Os actos comezarán ás 20,00 horas do sábado cun concurso de empanadas e outro infantil de repostería. O domingo abriranse os stands ás 10,00 horas. Ás 13,00 horas lerá o pregón o deportista Diego Vallejo, bicampión de España de rallies de asfalto e campión de España de rallies todoterreo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias