El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Galicia continúa batendo récords de exportacións

23-05-2017 15:03:33
En marzo Galicia exportou un 21% máis.

Galicia continúa batendo récords de exportacións e así, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a comunidade logrou o mellor rexistro histórico nun primeiro trimestre do ano. As vendas galegas ao exterior de xaneiro a marzo superaron nun 13,3% ao mesmo período do 2016, a anterior mellor marca.

Estas cifras son posibles grazas á boa evolución neste primeiro trimestre de sectores clave para a economía galega, como a metalurxia, cun crecemento dun 30,9%; o moble, cun 23,4%; o pesqueiro, cun 22,4%; o conserveiro, cun 21,4%; as bebidas, cun 20,6%; ou o téxtil, cun 12,7%.

Cómpre sinalar ademais que en marzo Galicia mellorou o rexistro do mesmo mes do ano anterior nun 21%, cunha suba de máis de 4 puntos por riba da media española, que rexistra un incremento do 16,9%.

Para seguir mellorando estas cifras, froito do esforzo do tecido empresarial galego, a Xunta ten en marcha a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, coa que se busca incrementar as exportacións en máis dun 25% ata 2020, e facer de Galicia un foco de atracción de investimentos especializado en sectores e países concretos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias