El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

EN MARIÑÁN

González Formoso entregou os premios da 57 edición do concurso Coca-Cola de relato curto

26-05-2017 20:12:48
González Formoso entregou os premios.

O Pazo de Mariñán acolleu esta tarde o acto de entrega do premio da 57ª edición do concurso “Coca-Cola Jóvenes Talentos” de relato curto en Galicia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a decana da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, María Jesús Lorenzo Modia, foron os encargados de entregar o galardón á gañadora autonómica do certame deste ano, a pontevedresa Laura Timmer Hernando, do colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Os restantes finalistas foron Ana Mª Perales Echevarría, do colexio Montespiño da Coruña; Paula Novo Purriños, do CPR Santiago Apóstol de Narón; Aimara Ventoso Tubio do IES Virxa do Mar de Noia; Carlos Álvarez Varela do colexio Divina Pastora-Salesianos de Lugo; Alba Domínguez Marra, do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia e Sara Fandiño Carballo do CPIR Santiago Apóstol de Ponteareas.

González Formoso felicitou á gañadora e aos finalistas do certame a nivel autonómico, que “evidencian que temos unha gran canteira de escritores entre a nosa xente moza”, así como á empresa Coca Cola por manter en funcionamento “o concurso de relatos para mozos máis antigo do país” e conseguir estimular cada ano o talento creativo dos estudantes coruñeses e galegos.

O concurso, que conta coa colaboración da Real Academia Española, bateu este ano o seu récord de participación, con máis de 13.000 alumnos participantes de toda España, dos que 550 foron mozas e mozos que cursan estudos de 2º de ESO en institutos de Galicia.

Os gañadores das diferentes comunidades autónomas e os catro gañadores do concurso en galego, euskera e catalán participarán na Gala Nacional de entrega de premios que se celebrará o vindeiro 23 de xuño en Madrid. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias