El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Román Rodríguez asiste á XIV edición do Festival de Cans

27-05-2017 16:56:56
Román Rodríguez, no Festival de Cans.

O Porriño.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe o Festival de Cans, que reuniu desde este mércores a profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia. Durante a última xornada deste peculiar evento, o titular do departamento educativo tivo a oportunidade de intercambiar impresións cos participantes desta décimo cuarta edición dun festival que conta coa colaboración da Consellería. 

O conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; polo director da Agadic, Jacobo Sutil; e polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, entre outros. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias